FPBásicaSkills 2022. Competicións
Electricidade e electrónica
De 9:00 a 10:00. Recepción e benvida de participantes e titores. Información sobre as normas básicas da competición. Sorteo dos postos de traballo para cada equipo.
De 10:00 a 14:00. Desenvolvemento da competición.
De 14:00 a 14:15. Finalización da proba e precintado dos traballos.
De 14:15 a 16:00. Descanso para xantar.
De 16:00 a 18:00. Reunión do xurado e avaliación dos traballos.
De 18:00 a 18:30. Acto de avaliación, entrega de agasallos, agradecementos e despedida.
A proba consistirá en realizar unha instalación interior de baixa tensión de grao de electrificación básico, montando nun panel vertical de madeira de 2m2 toda a instalación cos 5 circuítos básicos segundo marca a instrución MIE–BT-025. Cablearase o cadro de protección con IGA, diferencial e os 5 PIA, e distribuirase como mínimo un punto de utilización de cada un nun plano a escala debuxado no panel pertencente a un pequeno apartamento cunha cociña, unha habitación, unha sala, corredor e un baño. A distribución farase con tubo flexible de PVC de encaixe pero fixado en superficie con grampas aparafusadas, e todos os elementos serán de superficie, fixándoos con parafusos.
Na proba permítese levar o REBT e ademais da montaxe, será necesario tamén facer o pedido de material nunha folla e saber interpretar o esquema unifiar dado. Estas especificacións serán explicadas con máis detalle xunto aos criterios de avaliación e a rúbrica para a cualificación de cada elemento avaliable.
Non só se buscará a excelencia técnica senón tamén a capacidade para poder levar a cabo unha instalación desde un prego de condicións ata as medicións finais, pasando polo aprovisionamento de materiais, o traballo en equipo, a concentración no traballo, as boas prácticas en materia de seguridade, etc.
- Saber localizar a instrución MIE-BT-025 e dentro dela os cinco circuítos de grao de electrificación básico.
- Distinguir seccións de cables para cada un dos cinco circuítos segundo MIE BT 025.
- Saber escoller seccións de canalizacións segundo MIE-BT-25.
- Montaxe de canalizacións flexibles en superficie mediante grampas aparafusadas á madeira.
- Montaxe de canalizacións con canaleta de superficie e ingletado a 45 graos.
- Embornar correctamente en regleta e nos mecanismos.
- Montar un cadro de protección básico, con cable flexible (sen punteiras).
- Punto de luz simple e punto de luz conmutado de dous puntos.
- Montaxe de elementos básicos coma tomas de corrente, interruptor, conmutador, portalámpadas, etc.
- Encher correctamente con descricións e cantidades unha folla de pedido de material.
- Saber interpretar un esquema unifiar dunha instalación básica.
- Saber aplicar as medidas de seguridade básicas.
- Facer medicións básicas da instalación montada, coma tensión en cada circuíto, caída de tensión na liña máis alonxada do cadro, tensión entre fase e terra, illamento de terra (simplemente co polímetro en ohmnios).
|
|