FPBásicaSkills 2022. Competicións
Carpintaría e moble

De 9:30 a 9:45. Presentación no taller MMC1 e sorteo dos postos de traballo.
De 9:45 a 10:00. Explicación da proba.
De 10:00 a 14:00. Primeira parte da competición.
De 14:00 a 16:00. Descanso para xantar.
De 16:00 a 18:00. Segunda parte da competición.
De 18:00 a 20:00. Avaliación do xurado.
Os/as competidores/as terán que realizar unha composición similar á dada nos planos respectando as medidas e a información destes. Comporase dunha parte en madeira maciza e outra en taboleiro.
A proba consistirá no mecanizado dunha composición que constará de taboleiro contrachapado de bidueiro e de madeira maciza de faia.
Serán 3 pezas que se mecanizarán por separado e finalmente unirase o conxunto para obter o resultado final da proba.
Os competidores terán que ter coñecementos básicos do funcionamento e mecanizado en serra de cinta, cepilladora, regrosadora, fresadora, ingletadora, serra disco, trades aparafusadores, etc.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |