FD a distancia. Documentación
- Instancia de solicitude axustada aos modelos da Orde do 5 de xuño de 2007.
- Fotocopia do documento de identificación: DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea.
- Se a persoa solicitante cumpre os requisitos xerais de acceso directo, presentará a certificación oficial correspondente.
- Se a persoa solicitante acredita experiencia laboral, presentará a seguinte documentación:
- Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que estea afiliada, en que conste a vida laboral, a categoría e o período de contratación (traballadores e traballadoras por conta allea).
- Certificación da empresa onde se especifique a duración do contrato, a categoría laboral, a actividade desenvolvida e período en que se realizara.
- Certificación de alta no imposto de actividades económicas e, de ser o caso, do período de cotización no correspondente réxime especial da seguridade social (traballadores e traballadoras por conta propia).
- Se a persoa solicitante xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa.
De ser o caso, certificado que acredite a condición de minusvalía ou de deportista de alto nivel ou rendemento.
Etiquetas: