Estadías formativas en empresas ou organismos equiparados 2024
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, como responsable da planificación da formación do profesorado, convoca para o ano 2024 estadías formativas en empresas ou organismos equiparados destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
Que son?
Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de distintas empresas ou organismos equiparados para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.
Convocatoria
Para o ano 2024 convócanse 150 prazas de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados situadas tanto na comunidade autónoma de Galicia, como no resto do territorio do Estado.
- Convocatoria de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2024
- Modificación da Resolución do 29 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan estadías formativas en empresas ou organismos equiparado
Destinatarios
O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:
- Ser funcionario/a nalgún dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.
- Estar en situación de servizo activo no período solicitado para a realización da estadía, prestando servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Obxectivos
- Coñecer directamente os procesos produtivos que se desenvolven nas empresas.
- Formar o profesorado mediante o seu achegamento ao mundo produtivo e aos seus avances tecnolóxicos.
Modalidades
- Modalidade A: estadías formativas en empresas ou organismos equiparados acollidos a este programa referidas no anexo I da convocatoria.
- Modalidade B: estadías formativas noutras empresas ou organismos equiparados
Inscrición
O procedemento de solicitude desenvolverase en dúas fases:
1ª fase: ata o 7 de marzo de 2024
2ª fase: ata o 18 de marzo de 2024
Período de realización e duración
Desde o 15 de abril ata o 06 de setembro de 2024, cunha duración máxima de 160 horas.
- Modalidade A: A duración e o período de realización será o acordado para cada caso entre a empresa ou organismo equiparado e o asesor ou asesora de formación en base ás preferencias dos/as solicitantes.
- Modalidade B: A duración e o período de realización será acordado para cada caso entre o/a solicitante e a empresa ou organismo equiparado.
Modelos de documentación relacionada coas estadías formativas en empresas ou organismos equiparados
- Anexo I (Prazas ofertadas para realización de estadías formativas da modalidade A)
- Relación empresas colaboradoras ModB (Prazas ofertadas para realización de estadías formativas da modalidade B)
- Anexo II (Solicitude de inscrición)
- Anexo III (Acordo empresa-profesor/a)
- Anexo IV (Solicitude_de_renuncia)
- Anexo V (Certificado_de_realización)
- Resolución definitiva