Convocatoria programa Superlíderes 2018-2019
Este programa, que se desenvolve no marco do Plan eduemprende, vai dirixido a fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 3º e 4º de educación primaria no espírito emprendedor.
O obxectivo de este programa é dar a coñecer ao alumnado, practicar e fortalecer seis competencias que os converterán en auténticos Superlíderes: a motivación, o enxeño, a comunicación, a fascinación, a negociación e a capacidade de traballar e dirixir equipos.
Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria de centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
As distintas actividades desta convocatoria desenvolveranse dende o mes de outubro ata o mes de abril.
O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 11/10/2018.
- Información xeral da convocatoria
- Nova sobre a ampliación do prazo de solicitude
- Xornada formativa do programa Superlíderes. Centros participantes
Fase final e gala de entrega de premios do programa Superlíderes 2018-2019
O día 9 de abril celebrouse a fase final e a gala de entrega de premios do programa Superlíderes 2018-2019 nas instalacións da Escola Galega da Administración Pública (EGAP).
Os centros participantes foron os seguintes:
- CEP Plurilingüe de Ventín (Ames)
- CPR Plurilingüe La Inmaculada (Santiago de Compostela)
- CEIP Flavia (Padrón)
- CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle (Ourense)
- CEIP de Espedregada (Poio)
- CEIP de Ponte Sampaio (Pontevedra)
- CPR Plurilingüe Atalaya - Cantabria (Vigo)
Os retos desenvolvidos polo alumnado de 3º e 4º curso de primaria participantes foron:
- Reto motivador: Educar en igualdade é un dos grandes retos da nosa sociedade.
- Reto creativo: O cambio climático e a contaminación son dous grandes retos para garantir o futuro do noso planeta.
- Reto comunicativo: Cremos que a comunicación emocional, a convivencia de razas e culturas e a linguaxe inclusiva son activos esenciais nas nosas aulas. Desexamos loitar nas aulas contra os bulos, as noticias falsas e a adicción ás novas tecnoloxías.
- Reto persuasor: Somos a dirección do teu cetro educativo e decidimos organizar unha xornada de portas abertas para convencer ás familias locais dos beneficios de matricular aos seus fillos e fillas no noso centro.
- Reto negociador: Refutar o seguinte argumento da AMPA do noso centro educativo: “Os nenos e as nenas non deben usar os móbiles ata os dez anos”. Reto director: Presentación dunha infografía do que debe ser un líder.
Despois de que o alumnado de 3º e 4º de primaria seleccionado por cada centro educativo para competir nos retos mencionados finalizase a súa competición, os xurados propuxeron como gañadores de 3º curso aos seguintes:
Superpoder | Centro | Alumnado |
---|---|---|
Dirección | CEIP de Ponte Sampaio | Aroa García |
Negociación | CEIP Flavia | Víctor Abascal |
Persuasión | CEIP Flavia | Lois García |
Comunicación | CEIP Flavia | Érika Červeňák |
Enxeño | CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle | Maimouna Koulén |
Motivación | CEIP de Ponte Sampaio | Andrea Fraguas |
No caso de 4º curso o alumnado gañador foi o seguinte::
Superpoder | Centro | Alumnado |
---|---|---|
Dirección | CEP Plurilingüe de Ventín | Aroa Riveiro |
Negociación | CEP Plurilingüe de Ventín | Gabriela Leis |
Persuasión | CPR Plurilingüe La Inmaculada | Diego Martínez |
Comunicación | CEP Plurilingüe de Ventín | Celtia Lustres |
Enxeño | CPR Plurilingüe La Inmaculada | Diana García |
Motivación | CEP Plurilingüe de Ventín | Iria Riveiro |
Pola súa banda, o premio Supercolexio foi para o centro CEIP Flavia por acadar a maior puntuación nas participacións do seu alumnado.
Ademais dos diplomas acreditativos o alumnado gañador recibiu como agasallo, en función do curso polo que competían, kits de robótica e drons.