Convocatoria programa eduemprende Seguramente 2021-2022

Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Galicia Obra Social para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.

Esta convocatoria ten como obxectivos desenvolver actividades para que o alumnado aprenda, dun xeito activo, educación financeira para a vida actual a través dunha aprendizaxe multidisplicinar e transversal para preparalos para a súa vida adulta.

Dirixida ao alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria, da ESO ou da FP Básica nos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Portal Educativo, é dicir, desde o 26 de novembro ata o 10 de decembro de 2021.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: