Convocatoria programa eduemprende Preparados para o salto 2022-2023

Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades e a Fundación Galicia Obra Social para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco de Eduemprende.

A través dunha conferencia faise especial fincapé na necesidade de mellorar o nivel de coñecemento das finanzas persoais para así mellorar o nivel de alfabetización financeira.

Dirixido ao alumnado de Bacharelato, ciclos formativos de Formación Profesional, Ensinanzas para adultos, Ensinanzas de artes plásticas e deseño e Ensinanzas deportivas de centros con ensinanzas sostidas con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é dicir, desde o 22 de decembro de 2022 ata o 2 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: