Fomento do emprendemento: visitas en Vigo a Peugeot Citröen

Esta actuación enmárcase no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia eduemprende e dentro do convenio asinado entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a empresa Peugeot Citröen Automóbiles España (PCAE), S.A. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

Na referida colaboración establécese un programa de visitas á empresa PCAE, S.A. no seu centro de Vigo dirixido ao alumnado de educación secundaria co fin de estimular a formación profesional de tipo técnico e o emprendemento. Estas visitas inclúen sesións de orientación, presentación da empresa e visita ás instalacións.

Etiquetas: