Convocatoria programa eduemprende Grand prix financeiro 2022-2023
Convocatoria do programa "Grand prix financeiro", enmarcado dentro do convenio de colaboración establecido entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Fundación Galicia Obra Social para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.
Esta convocatoria ten por obxecto desenvolver actividades e xogos para que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e a importancia do aforro na vida.
Dirixido ao alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é dicir, desde o 22 de decembro de 2022 ata o 2 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.
A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.