Grand prix financeiro 2019-2020

Programa enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do impulso do espírito emprendedor, no marco do Plan Eduemprende.

O obxecto deste programa é desenvolver actividades e xogos para que o alumnado aprenda, dun xeito activo e en primeira persoa, as primeiras pautas de como adaptarse a un orzamento e a importancia do aforro na vida.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria dos centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

As actividades desta convocatoria comezarán no mes de outubro.

O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 15/10/2019.

Etiquetas: