Convocatoria do programa EduTecEmprende 2022-2023

Este programa desenvólvese no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo e dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con diferentes empresas e centros tecnolóxicos.

Busca motivar o espírito emprendedor do alumnado a través do coñecemento da realidade empresarial e tecnolóxica da nosa comunidade, así como promover a súa interese polas áreas STEM.

Dirixida a alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos de Galicia, dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se atope cursando 3º ou 4º de ESO, bacharelato ou ciclos de Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, é dicir, desde o venres 27 de xaneiro ata o xoves 16 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

A solicitude debe remitirse asinada polo/a director/a do centro educativo. Os anexos deben enviarse en formato pdf, cubertos dixitalmente, e non como documento escaneado.

Etiquetas: