Eduemprende Atrévete 2013 - 2014

No marco do programa Atrévete desenvolveranse tanto actividades dirixidas ao alumnado de 6º de primaria como xornadas de formación  dirixidas a 2º de ESO.

As actividades celebraranse todos os venres dos meses de febreiro e marzo  e o primeiro venres de abril de 2014. Nelas o alumnado recibirán información sobre o emprendemento nas diferentes profesións técnicas , o papel dos viveiros  de empresa nos centros educativos  e as experiencias emprendedoras da súa contorna. Nesta convocatoria as actividades desenvolveranse en colaboración coa Asociación Área Empresarial do Tambre para o centros educativos da comarca de Santiago e coa Asociación de Empresarios Polígono de San Cibrao para os centros educativos da comarca de Ourense.

Etiquetas: