Concurso eduEmprende Idea 2022

Publicada a Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG do 11 de abril de 2022) pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2022, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se convoca para o ano 2022 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG650A).

Comprende dúas modalidades:

  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio

A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Etiquetas: