D2IMP000100
D2IMP000100 - LOOIFP | Estética e beleza
Que se aprende a facer?
Aplicar técnicas de embelecemento persoal e comercializar servizos de estética, cosméticos e perfumes, cumprindo os procedementos de calidade e os requisitos de prevención de riscos laborais e protección ambiental establecidos na normativa.
En que ámbitos se traballa?
En medianas e pequenas empresas que teñen relación directa coa imaxe persoal, nomeadamente en establecementos do sector de servizos de estética e peiteado, e en xeral en establecementos relacionados coa venda de produtos de imaxe persoal, así como coa cosmética, desempeñando tarefas de execución de maquillaxe social, depilación mecánica, tratamentos básicos de hixiene, hidratación facial e corporal, estética de mans e pés, asesoramento sobre perfumes e cosmética natural, así como a comercialización dos produtos e os servizos estéticos, ofrecendo un servizo de atención á clientela da empresa. Podería ser persoal traballador por conta propia efectuando a organización da súa propia empresa.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a esteticista en centros de beleza e gabinetes de estética, maquillador/ora, técnico/a en uñas artificiais, técnico/a en depilación, técnico/a en manicura e pedicura, recepcionista en empresas estéticas, demostrador/ora de equipamentos, cosméticos e técnicas estéticas, axente comercial en empresas do sector, asesor/ora vendedor/ora en perfumarías e drogarías.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0638 | Análise estética | |||
1º | MP0641 | Cosmetoloxía para estética e beleza | |||
1º | MP0636 | Estética de mans e pés | |||
1º | MP0640 | Imaxe corporal e hábitos saudables | |||
1º | MP0156 | Inglés profesional | 50 | 2 | |
1º | MP1709 | Itinerario persoal para a empregabilidade I | 106 | 5 | |
1º | MP0634 | Maquillaxe | |||
1º | MP1708 | Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo | 30 | 1 | |
1º | MP0633 | Técnicas de hixiene facial e corporal |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15024513 | CIFP Someso | 881880001 |
Ferrol | 15025645 | IES Ricardo Carvalho Calero | 881938138 |
Santiago de Compostela | 15023466 | IES Lamas de Abade | 881866611 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27015773 | IES Muralla Romana | 982828081 |
Monforte de Lemos | 27015311 | IES A Pinguela | 982828051 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32009116 | IES 12 de Outubro | 988788211 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Bueu | 36019463 | IES Johan Carballeira | 886159176 |
Pontevedra | 36006730 | IES Frei Martín Sarmiento | 986852654 |
Vigo | 36018173 | IES de Teis | 886120464 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).