Currículos e perfís profesionais dos ciclos formativos
Distribución horaria dos módulos profesionais
Durante o curso 2024-2025 a nova ordenación implantarase exclusivamente nos primeiros cursos dos ciclos formativos (grao D) da oferta ordinaria, agás nos ciclos establecidos ao abeiro da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (Coidados auxiliares de enfermaría, Dietética e Prevención de riscos profesionais) e nos cursos de especialización (grao E).
No seguinte documento poderá consultar a proposta de relación de módulos do 1º curso das ensinanzas referidas anteriormente.
Para o resto das ofertas, segundos cursos dos ciclos formativos da oferta ordinaria; oferta modular: modalidade presencial ou modalidade semipresencial e distancia; e ciclos establecidos ao abeiro da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (Coidados auxiliares de enfermaría, Dietética e Prevención de riscos profesionais), deberase consultar o seguinte documento:
- Distribución horaria semanal en períodos lectivos
Actualizado o 13 de xullo de 2023
Currículos
Nesta sección poderá atopar os perfís profesionais dos distintos ciclos formativos que se ofertan nos centros educativos da Comunidade Autónoma. No perfil profesional de cada ciclo formativo poderá atopar información sobre a competencia xeral, postos de traballo máis relevantes, módulos así como o título que se obtén.
Por outro lado, poderá acceder e/ou descargarse os ficheiros que conteñen os currículos dos ciclos formativos publicados no Diario Oficial de Galicia.
Hai ciclos formativos con algunha observación en canto a aplicación do currículo ou algún outro particular. Estes ciclos formativos van precedidos dun asterisco (*).
Nota importante:
No BOE de 28.05.2024 publicáronse catro reais decretos que modifican diversos aspectos dos reais decretos polos que establecéronse os títulos de formación profesional. Entre estas modificacións figuran:
- As cualificacións profesionais e unidades de competencia que están incluídas nos distintos títulos.
- A correspondencia entre módulos profesionais e unidades de competencia para a súa validación ou a súa acreditación (máis información).
- As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais.
Por lo tanto, a documentación e a normativa que figura no seguinte apartado debe ser complementada coa que se recolle nos seguintes reais decretos:
- Real decreto 497/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen, no ámbito da Formación Profesional, cursos de especialización de grao medio e superior e fíxanse as súas ensinanzas mínimas.
- Real decreto 498/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen títulos de Formación Profesional de grao básico e fíxanse as súas ensinanzas mínimas.
- Real decreto 499/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen títulos de Formación Profesional de grao medio e fíxanse as súas ensinanzas mínimas.
- Real decreto 500/2024, do 21 de maio, polo que se modifican determinados reais decretos polos que se establecen títulos de Formación Profesional de grao superior e fíxanse as súas ensinanzas mínimas.
Escolla a familia profesional do seu interese para ver unicamente os ciclos formativos desta.
Doc | DOG | RD | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
LOE | BIMP11 | Peiteado e estética | ||||
LOE | MIMP01 | Estética e beleza | ||||
LOE | MIMP02 | Peiteado e cosmética capilar | ||||
LOE | SIMP01 | Estética integral e benestar | ||||
LOE | SIMP02 | Estilismo e dirección de peiteado | ||||
LOE | SIMP03 | Asesoría de imaxe persoal e corporativa | ||||
LOE | SIMP04 | Caracterización e maquillaxe profesional | ||||
LOE | SIMP05 | Termalismo e benestar |