Certame Cooperativismo no Ensino 2017

Publicada a Orde do 23 de xaneiro de 2017 (DOG 6 de febreiro de 2017) pola que se establecen as bases reguladoras do certame Cooperativismo no ensino, dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

O certame ten por obxecto difundir e promover o cooperativismo ente o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.

A presentación de solicitudes farase exclusivamente por vía telemática a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) . O prazo de presentación remata o 30 de abril de 2017.

Modalidades

  • Modalidade de actividades artísticas dirixidas ao alumnado dos centros de educación infantil, primaria e educación especial
  • Modalidade de actividades cooperativizadas dirixido ao alumnado dos centros de educación secundaria obrigatoria e educación especial
  • Modalidade de proxectos empresariais cooperativos, dirixido ao alumnado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial

Modalidade de proxectos empresariais cooperativos

O alumnado dos centros educativos que impartan formación profesional específica e de ensinanzas de réxime especial, nos cales se realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo, poderán presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a única modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

Os proxectos deberán desenvolver o proceso completo de posta en marcha dun proxecto empresarial, baixo a fórmula cooperativa, orixinal, coherente e viable economicamente.

Os proxectos deberán estar redactados en galego e presentaranse en formato papel e en formato electrónico que permita a súa posterior publicación, acompañados obrigatoriamente dunha ficha resumo segundo o modelo, que pode obterse na parte de Cooperativismo e Economía Social na web http://emprego.ceei.xunta.gal/, así como dun currículo do grupo (nomes, apelidos, idades e estudos do alumnado, así como do profesor ou profesora, ou do director ou directora).

Na elaboración de cada proxecto deberán participar como mínimo tres alumnos ou alumnas, que deberán estar dirixidos por un profesor ou profesora, ou un director ou directora.

Etiquetas: