Certame Cooperativismo no Ensino 2016

Convocatoria do Certame Cooperativismo no Ensino 2016, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, segundo a Orde do 22 de decembro de 2015 (DOG 30 decembro de 2015)

Obxecto: Difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria,  formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia.

Prazo de presentación das solicitudes e dos traballos: ata o 15 de maio de 2016.

Modalidades

  • Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo dirixida ao alumnado de infantil e primaria.
  • Modalidade de actividades cooperativizadas dirixido ao alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria.
  • Modalidade de proxectos empresariais cooperativos dirixido ao alumnado e profesorado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.

Modalidade de Concurso de Proxectos Empresariais Cooperativos

O alumnado e profesorado dos centros educativos que impartan formación profesional específica e de ensinanzas de réxime especial, nos que se realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo poderán presentar a este concurso os proxectos empresariais elaborados por eles, baixo a única modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

Os proxectos deberán desenvolver o proceso completo de posta en marcha dun proxecto empresarial, baixo a fórmula cooperativa, orixinal, coherente e viable economicamente.

Os proxectos deberán estar redactados en galego e presentaranse en formato papel e formato electrónico que permita a súa posterior publicación, acompañados obrigatoriamente dunha ficha resumo segundo o modelo que pode obterse na web www.cooperativasdegalicia.coop, así como dun currículo do grupo.

Na elaboración de cada proxecto deberán participar como mínimo tres alumnos/as, que deberán estar dirixidos por un profesor/a - director/a.

Etiquetas: