Certame Cooperativismo no Ensino 2014

Convocatoria do Certame Cooperativismo no Ensino 2014, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, segundo a Orde do 12 de febreiro de 2014 (DOG 20 febreiro 2014)

Obxecto: Difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria e Formación Profesional de Galicia.

Prazo de presentación das solicitudes e dos traballos: ata o 15 de maio de 2014.

As solicitudes efectuaranse online na web www.cooperativasdegalicia.com

Modalidades

  • Modalidade de debuxo, pintura, fotografía e/ou vídeo dirixida ao alumnado de infantil e primaria
  • Modalidade de actividades cooperativizadas dirixido ao alumnado de primeiro e segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria
  • Modalidade de proxectos empresariais cooperativos dirixido ao alumnado e profesorado dos centros de formación profesional

Modalidade de Concurso de Proxectos Empresariais Cooperativos

O alumnado e profesorado dos centros educativos que impartan formación profesional específica e nos que se realizasen actividades de fomento e divulgación do cooperativismo poderán presentar a este concurso os proxectos empresariais cooperativos.

Os proxectos deberán desenvolver o proceso completo de posta en marcha dun proxecto empresarial, baixo a fórmula cooperativa, orixinal, coherente e viable economicamente.

Os proxectos deberán estar redactados en galego e presentaranse en formato papel e formato electrónico que permita a súa posterior publicación, acompañados obrigatoriamente dunha ficha resumo segundo o modelo que pode obterse na web www.cooperativasdegalicia.coop
Na elaboración de cada proxecto deberán participar como mínimo tres alumnos/as, que deberán estar dirixidos por un profesor/a - director/a.

Premios:
− Un premio de 5.000 euros ao mellor traballo. O pago do premio requirirá a presentación dunha memoria das xestións realizadas para a posta en marcha do proxecto.
− Material audiovisual ou informático para o profesor/a- director/a do proxecto finalista, por un importe máximo de 1.200 €.
− Dous accésit aos proxectos finalistas dotados con 1.500 € e 500 € en material audiovisual ou informático para cada un dos profesores/as - directores/as.

Programa Cooperamos

Co obxecto de facilitar a realización das actividades de promoción do cooperativismo, os centros educativos poderán solicitar a participación no programa Cooperamos. A través deste, os centros poderán recibir asesoramento e apoio técnico para as labores divulgativas e para a elaboración dos traballos para participar no certame.

O prazo para presentar as fichas de inscrición rematará transcorrido un mes dende a publicación da Orde do 12 de febreiro de 2014, pola que se procede á convocatoria do certame Cooperativismo no Ensino. Os centros poderán tramitar a súa inscrición en liña na ligazón formulario web

- Programa cooperamos. Información sobre o mesmo

Máis información

- Tríptico

- Inscrición e recursos sobre o cooperativismo no ensino na web www.cooperativasdegalicia.com