Certame Cooperativismo no Ensino 2013

Convocatoria do Certame Cooperativismo no Ensino 2013, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, segundo a Orde do 4 de abril de 2013 (DOG 12 abril 2013)

Obxecto: Difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria e Formación Profesional de Galicia.

Prazo de presentación das solicitudes e dos traballos: ata o 15 de maio de 2013.

As solicitudes efectuaranse online na web www.cooperativasdegalicia.com

Modalidades

1. Alumnado de educación infantil e primaria

Consiste nun traballo de debuxo, pintura, fotografía ou vídeo sobre actividades de fomento e divulgación do cooperativismo.

  • Categoría A: alumnado de 2º ciclo de educación infantil
  • Categoría B: alumnado de 1º e 2º de educación primaria
  • Categoría C: alumnado de 3º e 4º de educación primaria
  • Categoría D: alumnado de 5º e 6º de educación primaria

En cada traballo deberán participar como mínimo tres alumnos/as e como máximo o número de alumnos/as pertencentes a unha mesma aula.

Premios:

 - Un premio ao mellor traballo de cada categoría

 - Un accésit por cada categoría

2. Alumnado de educación secundaria obrigatoria

Consiste en presentar unha memoria dos traballos realizados cooperativamente na que se describa o proceso de elaboración e realización da actividade.

  • Categoría E: alumnado do primeiro ciclo da ESO
  • Categoría F: alumnado do segundo ciclo da ESO

En cada traballo deberán participar como mínimo tres alumnos/as e como máximo o número de alumnos/as pertencentes a unha mesma aula.

Premios: ao mellor traballo de cada categoría

3. Alumnado e profesorado de centros de Formación Profesional

Consiste na presentación dun proxecto empresarial cooperativo, desenvolvendo o proceso completo da súa posta en marcha, baixo a fórmula cooperativa, orixinal, coherente e viable economicamente.

Na elaboración de cada proxecto deberán participar como mínimo tres alumnos/as, que deberán estar dirixidos por un profesor/a ou por un director/a.

Premios:

- Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo

- Dous accésits aos proxectos finalistas

Máis información

- Cartel

- Tríptico

- Iscrición e recursos sobre o cooperativismo no ensino na web www.cooperativasdegalicia.com