Ampliación do prazo de solicitude para participar en Actúa 2018-2019

Amplíase ata o 23 de outubro de 2018, inclusive, o prazo de solicitude para participar no programa Actúa 2018-2019, desenvolvido dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.

As actividades que requiran a participación de persoal técnico do IGAPE e da/s persoa/s emprendedora/s realizaranse de luns a venres desde novembro de 2018 ata o 30 de abril de 2019.

O horario desenvolverase en dúas quendas:

  • De 9:00 a 11:00 horas
  • De 12:00 a 14:00 horas

Adxudicarase unha actividade por centro, na que poderán participar varios grupos de alumnado de ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño, e de bacharelato.

Etiquetas: