Participación da FP galega en WorldSkills Kazan 2019

Yamila Sidati Novo e Brais Mosquera Fuentes, alumnos da FP galega que gañaron a medalla de ouro no SpainSkills 2019, nas especialidades de Panadaría e Ebanistaría, respectivamente, participan no Campionato Mundial de Formación Profesional WorldSkills 2019, que se celebra entre o 22 e o 27 de agosto de 2019 en Kazán.

Nesta edición do certame participan máis de 1300 competidores de 63 países diferentes, en 56 skills ou especialidades.

Yamila Sidati Novo, do CIFP Paseo das Pontes, acompañada pola titora Avelina Amado Fernández, competirá na especialidade de Panadería, xunto con representantes doutros 18 países.

Brais Mosquera Fuentes, do CIFP Someso, acompañado polo titor Benigno Rafael García Amor, competirá na especialidade de Ebanistería, xunto con representantes doutros 29 países.

 

Prema na seguinte imaxe para acceder ao resto do álbum fotográfico.

  • WorldSkills Kazan 2019
  • WorldSkills Kazan 2019
  • WorldSkills Kazan 2019
  • WorldSkills Kazan 2019
  • WorldSkills Kazan 2019
  • WorldSkills Kazan 2019
  • WorldSkills Kazan 2019
  • WorldSkills Kazan 2019
Etiquetas: 
Multimedia: