Proxecto A Mariña Emprende. Formación do profesorado
Nos meses de marzo e abril desenvolveranse actividades formativas dentro do marco do proxecto A Mariña emprende dirixidas ao profesorado dos centros participantes neste proxecto.
12 de marzo: A actividade Plan de empresa: puntos chave, na que estaban inscritos 27 docentes tivo lugar no IES María Sarmiento de Viveiro. Esta actividade, impartida por Dna. Ánxela Martínez, continuou o próximo mércores 19 de marzo.
Os obxectivos de esta actividade:
- Estudar a confección dun plan de empresa
- Definir principios de contabilidade básica
- Xestionar empresas: Open ERP
3 de abril: A actividade Ferramentas tecnolóxicas de xestión empresarial, na que estaban inscritos 30 docentes tivo lugar no IES de Foz. Esta actividade continuou o 10 de abril.
Os obxectivos de esta actividade:
- Coñecer as ferramentas de xestión empresarial: ERP, CRM
- Definir as estratexias para a consecución de expectativas fixadas
- Elaborar conclusións baseadas nos resultados obtidos
23 de abril: A actividade Motivación e iniciativa para emprendedores, na que estaban inscritos 19 docentes tivo lugar no CIFP Porta da Auga, de Burela. Esta actividade continuou o 30 de abril.
Os obxectivos de esta actividade:
- Traballar e manter as visións e actitudes adecuadas para conseguir os resultados desexados
- Conseguir a motivación para afrontar o día a día con independencia da realidade
- Facilitar e fomentar a cultura do atrevemento, a innovación e a creatividade