Actividades de fomento do emprendemento en 2º ESO. UROVESA
Continuando co desenvolvemento do programa Atrévete Santiago, o pasado 7 de febreiro foron os alumnos/as de 2º de ESO do IES do Milladoiro (Ames) os que visitaron a sede da Asociación Área Empresarial do Tambre e participaron das explicacións do director comercial da empresa especializada na construción de vehículos especiais UROVESA, D. Justo Sierra.
Unha vez rematada esta actividade os alumnos/as e profesorado acompañante puideron ver de cerca estes vehículos de gran tonelaxe.
Etiquetas:
Multimedia: