ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
Ven de saír publicada a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.
O alumnado de 4º da ESO que titule, obterá o nivel de iniciación en competencia dixital. Aínda que en 2º Bac poderá obter o nivel intermedio, pode tentar acadalo neste curso. Para iso, deberá realizar unha proba composta de 60 preguntas(12 por competencia), nunha proba que durará 90 minutos e que se realizará no centro no mes de Maio.
O alumnado de 2º de Bacharelato que titule, certificará os niveis 1, 2, 3 e 4 de competencia, porén, poderá atopar o nivel intermedio de competencias realizando unha proba que acredite a obtención do nivel 4. Duración 20 min. Nº preguntas: 12. Realización: Mes de Abril no Centro.
A continuación deixamos información resumida e enlaces á información completa:
https://competenciasdixitais.xunta.gal/
As Competencia dixital segundo o Marco galego de competencias dixitais que podes obter AQUÍ divídese en 5 áreas.
A Acreditación da competencia dixital do alumnado pode ser:
O PRAZO PARA A ENTREGA DAS SOLICITUDES PARA REALIZAR ESTA PROBA VOLUNTARIA REMATA O 14 DE MARZO (ACHÉGASE COMO ADXUNTO MODELO DE SOLICITUDE A ENTREGAR NA SECRETARÍA DO CENTRO)
As certificacións en ambos os dous cursos, terán unha validez de 5 anos.
Podedes atopar máis información e unha “demo” da proba de acreditación na páxina https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado
- https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/demo/examen/3305/pregunta/1/popup (ENLACE A DEMO DA PROBA)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Modelo solicitude acreditación dixital voluntaria alumnado 2024.odt | 708.48 KB |
Modelo solicitude acreditación dixital voluntaria alumnado 2024 pdf.pdf | 84.83 KB |