EXPOSICIÓN O NOSO ENTROIDO
Eis a nova actividade do EDLG do centro para esta segunda avaliación. Desta volta decidimos facer un percorrido polas figuras tradicionais do entroido ourensán para darlle visibilidade a aqueles puntos menos coñecidos como Maceda, Manzaneda, Vilariño de Conso ou Trives.
Para levar a cabo esta exposición contamos coa colaboración do alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato así como dos docentes dos departamentos de Xeografía e Historia, Matemáticas, Debuxo e Economía. A exposición pódese ver no primeiro andar do centro mais aquí deixamos algunhas fotografías do resultado final, e tamén como arquivos adxuntos.
Moitísimas grazas a todos e a todas pola vosa implicación!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Boteiro Vilariño.jpg | 493.98 KB |
Felos de Maceda.jpg | 791.77 KB |
Trives.jpg | 857.94 KB |