PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS DE GRADO MEDIO 2023
Requisitos das persoas participantes
Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder aos ciclos formativos e teñan 17 anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo de presentación de solicitudes
Entre o 27 de febreiro e o 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos
Solicitude de inscrición
Via web en: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición. Poderase cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp
O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada no centro de inscrición (pode ser calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con oferta de FP), acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá á validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.
Estrutura e organización da proba
GRAO MEDIO
Parte sociolingüística
Inclúe tres probas:
– Lingua castelá.
– Lingua galega.
– Ciencias sociais
Parte matemática
Consta dunha única proba:
– Matemáticas
Parte científico-técnica
Inclúe dúas probas:
– Ciencias da natureza.
– Tecnoloxía
Realización da proba
Data e hora, a proba realizarase o día 25 de maio de 2023 no horario que se indica a seguir:
Presentación: ás 9:00 horas.
Partes matemática e sociolingüística da proba:
-Das 9:30 ás 13:30 horas
(Matemáticas, Lingua Galega, Lingua Castelá e Ciencias Sociais)
Parte científico-técnica da proba:
– Das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da Natureza e Tecnoloxía)
Documentación que cómpre levar e material para utilizar
O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
♣ Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
♣ Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar na proba de Tecnoloxía da parte científico-técnica. Na proba de Matemáticas NON se permite o emprego da calculadora.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.
Conservación da cualificación obtida nas partes superadas
Para quen realizara a proba na comunidade autónoma de Galicia e NON a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia (durante os dous anos seguintes).
Cualificacións: Como se calcula a nota da proba de acceso?
A cualificación de cada parte da proba (sociolingüística, matemática e científico-técnica) será numérica, entre cero e dez puntos.
A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de 4,00 puntos en cada parte (sociolingüística, matemática e científico-técnica) e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais.
Será positiva a cualificación de 5,00 puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como “non apto/a”
As listas provisionais e definitivas relacionadas co procedemento publicaranse no taboleiro de anuncios do centro público onde se fixera a inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta. gal /fp . Os datos de identificación (nome, apelidos e DNI) serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC).
Durante o período de reclamacións (do 20 ao 24 de marzo ámbolos dous incluídos) contra as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, poderase achegar a documentación pendente de entrega do solicitado na folla de inscrición.
A que nota numérica equivale a certificación onde conste unha cualificación de “apto/a”?
A normativa vixente establece que as persoas que posúan certificacións onde conste só “apto/a”, sen nota numérica, participarán no proceso de admisión a ciclos formativos cunha cualificación de 5,00.
Exemplos de cálculo de nota
Sociolingüística
Matemática
Científico-técnica
Nota Media
Nota Final
6,00
7,00
6,50
6,50
6,50
4,00
5,00
5,10
4,70
Non apto/a
7,00
3,00
8,00
--
Non apto/a
Pode perder validez a certificación de superación da proba de acceso?
Non; a superación da totalidade da proba ten validez indefinida
Que fago se non podo presentar a solicitude por min mesmo/a? (actuación a través de representante)
Se vai presentar a solicitude a través de representante, cómpre acreditar a representación por calquera medio válido en Dereito.
En particular, sería válida unha autorización asinada pola persoa solicitante a favor da persoa representante.
Para redactar autorización a través de representante, recoméndase:
– Identificar claramente a persoa solicitante con nome e apelidos e número de documento de identificación.
– Incluír, dentro do propio documento de autorización, imaxe do DNI do/da solicitante.
– Indicar que autoriza a esa persoa (identificada con nome, apelidos e DNI) para representalo/a para os efectos de tramitar a súa solicitude de inscrición na proba de acceso a ciclos formativos.
– Imprimir a autorización.
– Que a persoa solicitante asine a autorización e lla entregue á persoa representante para que a achegue coa solicitude. Non se admitirá unha autorización escanada, senón que cómpre achegar autorización con sinatura orixinal.
-Logo de confeccionada a representación, a solicitude que se leva ao centro de inscrición debe ir asinada xa pola persoa representante, non pola persoa solicitante