Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior curso 2022-2023
Requisitos das persoas participantes
Persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder aos ciclos formativos e teñan 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo de presentación de solicitudes
Entre o 23 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos
Solicitude de inscrición
Via web en: https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do que estará activa durante o prazo de inscrición. Poderase cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp
O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada no centro de inscrición (pode ser calquera centro público dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con oferta de FP) acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá á validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
A certificación da superación da proba dará acceso aos ciclos formativos de grao superior relacionados coa opción escollida da parte específica da proba (ver anexo)
Estrutura e organización da proba
Respecto á parte específica da proba, na solicitude elixirase unha única opción (A, B ou C) e, dentro desa opción, escolleranse dúas materias.
(Ver Anexo para materias especificas da opción vinculada ao CF)
Realización da proba
Data e hora, a proba realizarase o día 20 de abril de 2023 no horario:
-
Presentación: ás 9:00 horas.
-
Parte común da proba:
– Das 9:30 ás 13:00 horas
(Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá)
-
Parte específica da proba :
– Das 16:00 horas ás 18:30 horas (materias da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder)
Documentación que cómpre levar e material para utilizar
O día da proba cómpre levar o documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.
Poderanse utilizar os seguintes materiais:
Bolígrafos de tinta negra ou azul (ningunha outra cor).
Calculadora científica, agás que sexa programable, gráfica ou con capacidade para almacenar e transmitir datos. Soamente se pode empregar nas probas de Matemáticas, Física, Tecnoloxía industrial, Química e Economía da Empresa.
Lapis, compás, regra, escuadro e cartabón, en Debuxo técnico.
Non se admitirá ningún aparello capaz de recibir, transmitir nin almacenar información, como, por exemplo, teléfonos móbiles.
O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión.
Conservación da cualificación obtida nas partes superadas
Para quen realizara a proba na comunidade autónoma de Galicia e NON a superara na súa totalidade, a certificación permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas convocatorias de probas de acceso a ciclos formativos en Galicia (os dous anos seguintes).
Cualificacións: Como se calcula a nota da proba de acceso?
A cualificación de cada parte da proba (común e específica) será numérica, entre cero e dez puntos.
Para calcular a media da nota de cada parte non é preciso ter unha nota mínima nas materias que constitúen esa parte.
A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de 4,00 puntos en cada parte (común e específica) e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais.
Será positiva a cualificación de 5,00 puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como “non apto/a”.
As listas provisionais e definitivas relacionadas co procedemento publicaranse no taboleiro de anuncios do centro público onde se fixera a inscrición e na páxina web http://www.edu.xunta. gal /fp . Os datos de identificación (nome, apelidos e DNI) serán substituídos por un código persoal de consulta (CPC).
Pode perder validez a certificación de superación da proba de acceso?
Non; a superación da totalidade da proba ten validez indefinida
Anexo. Familias profesionais e ciclos formativos aos que se pode acceder segundo a opción da parte específica
Adxunto | Tamaño |
---|---|
calendario_probas_acceso_2023.pdf | 199.83 KB |