PORTU-GAL
Eis unha das últimas actividades do EDLG deste curso académico. Desta volta quixemos facer unha chiscadela ao noso país veciño, Portugal e ao mundo da Lusofonía. Con esta actividade implicamos a toda a comunidade educativa na que coñecemos de primeira man os seus coñecementos sobre Portugal. Os encargados de realizar as entrevistas foron os alumnos de 1º Bacharelato.
Por outra parte, o alumnado de 2º ESO realizou un mural sobre os países que forman a Lusofonía e, finalmente, unha parte do alumnado de 3º ESO e de 4º ESO versionou o himno da Revolução dos cravos, Grândola, Vila Morena de Zeca Afonso.
Para coñecer todas estas iniciativas, visita o facebook do instituto: https://www.facebook.com/xerman.ancocheaquevedo
Moitísimas felicidades a todo o alumnado, ao claustro e a toda a comunidade educativa do Xermán Ancochea.