Xornadas da Universidade de Vigo
Dadas as extraordinarias circunstancias que estamos a vivir, a Universidade de Vigo ten deseñadas unha serie de accións específicas entre as que cabe destacar a celebración de dúas xornadas con acceso libre a través da ligazón e a clave de acceso indicadas, dirixidas ao alumnado de Bacharelato ou ciclos superiores de FP. Trátase da Xornada de Orientación Universitaria Virtual, o 13 de maio entre as 17:00h e as 19:30 h e da Xornada de Portas Abertas Virtual do día 14 de maio de 11:00h a 13:00h e de 16:00h a 18:00h. No espazo da web #ConectaCoaUVigo podedes consultar a información polo miúdo destas e outras actividades.
Ademáis destas accións, a Universidade de Vigo tamén pon en marcha unhas sesións semanais, nas que o futuro alumnado poderá conectarse co persoal do SIE (Sección de Información ao Estudante) a través de vídeochat para solucionar as súas dúbidas sobre o acceso e a matrícula. As sesións de vídeochat realizaranse a través da plataforma Campus Remoto todos os xoves de 11.00 a 13.00 h.