Skip to Content

Información de interese a ter en conta como consecuencia da situación creada polo COVID-19.

Información para comunidade educativa do IES Xermán Ancochea Quevedo.

O día 12 de marzo a consellería de educación decidiu a suspensión de clases durante 14 días naturais a partir do día 16 de marzo.

Dende o IES Xermán Ancochea Quevedo queremos trasladar unha mensaxe de tranquilidade, insistindo na necesidade de ser responsables e seguir as instrucións das autoridades competentes, consultando as fontes de información oficial.

A través da páxina web, aulas virtuais, liñas telefónicas e correo electrónico mantemos o contacto entre a comunidade educativa para completar tarefas durante o período de suspensión da actividade docente co alumnado.

A continuación detállase o fío de instruccións e documentos publicados referidos ao ámbito educativo, no contexto do COVID-19:

Máis información

Por outra banda, dende o centro queremos informarvos que o Ministerio de Educación e Formación Profesional, deseñou unha web con contido pedagóxico para traballar en entornos virtuais que contempla, entre outras cousas, unha programación nas canles de televisión pública para as próximas semanas, que son unha boa ferramenta para cumprimentar as actividades docentes propostas polo centro durante o período no que se prolonga o estado de alarma. Na seguinte táboa tedes a organización horaria desta programación.

 

 

Enlace á información



book | by Dr. Radut