O Equipo Galego formado polos gañadores do Rally Científico Matemático 2015 gañan en Toulouse
A selección galega composta polos grupos: IES A Sangriña (A Garda), IES Xermán Ancochea Quevedo (A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Os Rosais 2 (Vigo), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), conseguiron a victoria nunha nova modalidade do Rally Matematico sen Fronteiras na súa fase internacional celebrada o día 22 de maio na Universidade Paul Sabatier de Toulouse. Despois de resolver 4 problemas cunha puntuación de 10, recibiron as súas respectivas copas e a ilusión e as gañas de repetir a experiencia en próximas veces.