Concurso de resolución de problemas matemáticos. 15ª semana. Última
Esta é a última semana. Grazas a todas as persoas que participaches no concurso por darlle traballo ós profes. Foi agradable correxir problemas voluntarios que entregachedes sen protestar.
1º e 2º ESO
O cabalo de pagamento
Un facendado contrata un servente por un soldo anual de once moedas de ouro e un cabalo. Aos catro meses, o servente despídese, recibindo o cabalo e unha moeda.
Cal era o valor do cabalo?.
3º, 4º ESO, FPB e CM
Está cadrado
Se o lado do cadrado maior é dous. Cal é a área do cadrado pequeno?
Bacharelato e CS
Que veña o dr. Spock
Que símbolo aparece de forma natural despois dos indicados?
Fora de concurso para todo aquel que queira participar
Os nenos teñen razón
Demostra rigorosamente a partir das tres oracións do recadro que ou existe Papá Noel ou existe o Ratiño Pérez.
Papá Noel non existe.
O Ratiño Pérez non existe.
Polo menos unha oración deste recadro é falsa.