Premio de tradución

 O alumno de 2º de Bacharelato de Humanidades do IES Valle Inclán de Pontevedra, Adrián Boullosa Fraga, resultou gañador da 1ª Olimpíada de Textos Clásicos, na modalidade de Latín, patrocinada polo Departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela e pola Sección Galega da Sociedade de Estudos Clásicos.

 

A esta proba, que se celebrou o venres 10 de abril de 2015,  estaban convocados todos os alumnos de Latín e Grego de cada un dos institutos de Galicia: habería un único gañador por cada modalidade e o resto de participantes recibirían un diploma acreditativo.

 A cerimonia de entrega dos premios e diplomas tivo lugar onte, 27 de maio, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Parabéns á USC e á SEEC, polo éxito de participación na convocatoria de tradución, e ao alumno Adrián Boullosa, polo mérito de ser o mellor entre os mellores.

Ver artigo en La Voz de Galicia