Certame musical "Ben veñas, maio"
Enviado por Anónimo o Mér, 11/05/2011 - 06:43
O pasado trinta de abril celebrouse no Pazo da Cultura a XI edición do certame musical "Ben veñas, maio".
Aínda que ningún dos grupos estaba formado integramente por alumnos do Valle Inclán, a participación do
centro foi moi ampla, igual que os premios acadados:
O 1º posto foi para o grupo "Os Loureiros" , con Laura Solla Gómez de 2º A á guitarra.
O 2º premio levouno o grupo "Lysergic Project" con Nicolás Rodríguez Gómez de 2º D á batería.
O 3º premio conseguírono "Os máis ghordos da festa", con Ana Alonso Crego de 2º D como vocalista e
Jimena Andión García de 2º D (chelo) e David González Vázquez de 2º B (guitarra).
Presentaron o evento Atenea Martínez (1º D) e Márta Rózpide (1º A).
Noraboa para todos e agardamos que para o ano que vén vos animedes a participar moitos máis.