A PROFESORA DE MÚSICA MARÍA DE LOS SANTOS COMPARTE A SÚA EXPERIENCIA PROFESIONAL EN CANADÁ

A profesora de Música do noso centro, María de los Santos Gago, ven de realizar una estancia formativa en Ottawa. A actividade está enmarcada no programa PIALE na modalidade de integración en centros educativos.

O centro que lle foi asignado, a Canterbury High School, é un centro de referencia na capital canadiense no que as artes se refire. O programa de artes abrangue catro especialidades: Música(voz, vento ou corda), teatro, danza e artes visuais .

Durante casi a totalidade da súa estancia no centro estivo asistindo ás clases de música na modalidade vocal co profesor James Caswell. Deste xeito puido ampliar os seus coñecementos sobre a materia de música( fundamentalmente no que a o traballo da voz e a construcción do coro se refire), nun contexto de inmersión lingüística en lingua inglesa.

A profesora destaca a extraordinaria profesionalidade e xenerosidade do profesor James Caswell que contribuiu enormemente para que o seu paso pola escola fose de proveito.

Como parte do plan de difusión da actividade estará a creación de dous blogues, un en galego para o profesorado e outro en inglés para o alumnado nos que se dará conta dun xeito máis detallado da experiencia.

Destaca, por último, a calidade destes programas, que constitúen un auténtico revulsivo para o desempeño da labor docente a todos os niveis. 

Nas seguintes imaxes están o seu centro o Canterbury High School, a aula do programa vocal, unha fotografía de Ottawa coa catedral de Notre-Dame á dereita e a National Gallery á esquerda e a recepción na embaixada española.