ENTREGA DE PREMIOS II CERTAME DE RELATOS ESPERPÉNTICOS DO IES VALLE INCLÁN

Este luns 30 de outubro ás 12:50 horas tivo lugar no paraninfo do Centro a entrega dos premios do II Certame de relatos esperpénticos do IES Valle Inclán en lingua Galega e lingua Castelá. Temos que destacar a gran participación do alumnado no concurso e no recitado e interpretacións musicais que tiveron lugar durante o acto. Os premios foron entregados pola directora e as xefas de departamento de Castelán e Galego. Pincha na imaxe para ver máis fotografías e na parte inferior están os premiados do concurso. Noraboa a todos eles.