XA ESTÁ CONNOSCO O ALUMNADO FRANCÉS DO PROGRAMA ERASMUS+

Este luns 16 de outubro o alumnado francés do Lycée Felix Faure de Beauvais do programa europeo Erasmus+ Yes Young European in Sports foi recibido polo equipo directivo do Centro para a continuación iniciar un intensísimo plan de actividades que terá lugar ao longo desta semana. No día de hoxe tivo lugar a recepción na Diputación Provincial, practicaron Kung Fu con Marta Sánchez Rancaño e foron recibidos no albergue de peregrinos polo Presidente de Amigos do Camiño Portugués Don Tino Lores. Pincha na imaxe para ver máis fotografías e/ou no texto para ver un vídeo-resumo da actividade de Kung Fu.

Vídeo-resumo da actividade de Kung Fu