ENTREVISTEA. Grandes deportistas do Val do Tea
Engadimos ao noso programa de radio "ENTREVISTEA. Grandes deportistas do Val do Tea" un novo capítulo. Desta volta entrevistamos a Rebecca, alumna de 2º Bacharelato e xogadora de fútbol desde hai xa moito tempo.
Se queredes saber máis sobre a súa experiencia, escoitade esta nova entrevista!
I Intercentros de teatro (IES Pazo da Mercé)
Enviado por admin o Ven, 10/05/2024 - 11:28No día de onte, o alumnado de Artes Escénicas participou no 1º Intercentros de teatro organizado polo IES Pazo da Mercé. Ao longo da mañá participaron en diferentes obradoiros impartidos por alumnado da ESAD: texto, improvisación, voz, expresión corporal, clown e escena, todos eles organizados en diferentes lugares dos arredores do centro.
Sen dúbida unha xornada moi enriquedora! Agardamos impacientes pola próxima edición!
O cartel promocional da xornada é obra da nosa alumna Noa P. C. de 2º Bacharelato de Artes, quen capturou perfectamente o espírito desta xornada.
Visitamos a Feira dos minerais de Guláns
Enviado por admin o Lun, 06/05/2024 - 09:03Como xa é tradición, un ano máis volvemos á Feira dos minerais de Guláns! Nesta ocasión foi o alumnado de 1º ESO o que asistiu. Ademais de visitar a feira, tiveron ocasión de participar en diferentes obradoiros de identificación de minerais e Mineraloxía.
Pedro Feijoo e a súa Memoria da choiva
Enviado por admin o Mar, 30/04/2024 - 17:59Onte tivemos a sorte de contar coa visita de Pedro Feijoo no noso centro! Achegouse para falar co alumnado de 1º Bacharelato sobre a Memoria da choiva e tamén co club de lectura de familias sobre esta lectura e moitas outras nas que andan inmersas.
Foi un verdadeiro pracer escoitalo, compartir unha tarde chea de curiosidades sobre a súa escrita e tamén ter unha vez máis a Rosalía como referente, e saber coidar a súa memoria como merece.
Grazas, Pedro, agardamos volver lerte pronto!
CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2023-2024
Para máis información, este é o enlace á páxina web da Consellería onde pode ver a Orde do 19 de abril de 2024:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0761-190424-0004_gl.pdf
ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS ARTÍSITICAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
Publicada a Resolución do 10 de abril de 2024 pola que se ditan as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas artístifcas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia para o curso 2024/2025. (Ciclos formativos)
O prazo de inscrición vai ata o 10 de xuño para o alumnado que realice a proba substitutiva dos requisitos académicos e ata o 21 de xuño para o alumnado que só teña que realizar a proba específica e para as cales solicitan a exención das probas.
As solicitudes faranse de forma telemática cubrindo o formulario dispoñlible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro.
As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar a adaptación das probas. Resérvase un 5%das prazas ofertadas para quen acredite discapacidade dun 33% ou maior.
Resérvanse razas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »