Iniciar sesión: Acceso

HAHULA HULA!

O mércores 6 de novembro, estivo de novo no noso Centro o Contacontos Samuel Mountoumnjou, profesor de linguas e mediador intercultural. Soubo manter viva a atención de todo o auditorio, contando historias en Francés da súa infancia en Camerún, historias transmisoras de valores diversos, de entre os cales destacou o de aprender a escoitar aos demais. HAHULA HULA! Érase unha vez...

É de agradecer a implicación no bo desenvolvemento da actividade do alumnado de Francés de 1º e 2º ESO e do profesorado acompañante, escoitando, repetindo as palabras de Samuel, cantando, interpretando e bailando.

Et merci aussi à vous, Samuel, pour votre savoir-être, votre savoir-faire, vos belles histoires remplies de sentiments et de couleurs. Et pour votre HAHULA HULA!” qui nous maintient toujours attachés à vos paroles, à vos gestes et à vos contes.

Écouter, respecter, apprendre et transmettre. Voilà votre devise! Et on répète tous avec vous : “HAHULA HULA”.

Convocatoria extraordinaria - Hípica Cemar

Adxúntase información e documentación para a proba específica Hípica ciclo final 2024/25

Visita guiada ao cemiterio de Ponteareas

A semana pasada o alumnado de 4º ESO participou nunha visita guiada ao cemiterio municipal de Ponteareas. Acercarse á historia, aos símbolos que gardan os cemiterios e coñecelos máis de cerca tamén é importante. 

A semana pasada celebramos o Día de Todos os Santos. Día de recordos, pero tamén de celebrar a vida.

Concurso de doces terrrrroríficos!

Como xa é tradición, o EDLG volveu este ano polo Samaín co seu concurso de doces. A cantidade de participantes non foi moita, pero a calidade fantástica, como cada ano! E para mostra, estas fotiños que vos deixamos a continuación.

 

 

No magosto coñeceremos as persoas gañadoras!!

A Santa Compaña percorreu o Val do Tea

O pasado mércores a Santa Compaña percorreu os corredores e aulas do Val do Tea en busca de novos membros. Moitos foron os alumnos que, entre risos e berros, se sorprenderon coa súa visita e a acompañaron no seu percorrido.

Esta actividade, promovida polo departamento de Artes Plásticas, formou parte da nosa celebración do Samaín. Todo un éxito e un bo traballo do alumnado de Artes!

Álbum: Curso 2024-25 -> A Santa Compaña percorre o Val do Tea (Samaín)

INFORMACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Adxuntamos calendario de actuacións para as eleccións ao Consello Escolar.

 

PRESENTACIÓN: E-DIXGAL PARA FAMILIAS

Achegamos a presentación empregada polo formador na sesión de E-Dixgal para familias.

(Clicar no enlace que aparece en azul para acceder á presentación)

 

Contos de terror nas Ondas do Tea (2ª temporada)

Volvemos este Samaín cunha nova selección de contos terroríficos da man de Ondas do Tea!

I Encontro de clubs de lectura dos centros educativos de Ponteareas

O pasado venres tivo lugar o I Encontro de clubs de lectura dos centros educativos de Ponteareas.
Arredor dos libros, coma os nosos ancestros arredor das palabras, estivemos hoxe todas as lectoras. E se, en realidade, somos cazadoras de estrelas cando lemos?
Grazas á profe Encarna, que puxo en marcha este encontro, e a todas as profes que fan parte das bibliotecas escolares ponteareás, por preparar esta xuntanza. Nos horarios dos e das profes cada vez hai menos horas destinadas ao traballo bibliotecario e, a pesar diso, seguen existindo encontros arredor dos libros e da lectura e momentos coma este.
Estiveron no encontro a escritora Susana Lamela e o autor Juan Abalde, os dous da vila, os dous amantes do Principiño, de Balbino (o rapaz de aldea de Neira Vilas) e do soñador Quijote. Grazas polas vosas palabras e polas vosas páxinas, que forman bosque!

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa