Adultos
DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL
As datas de realización das probas de avaliación inicial para a Educación de Persoas Adultas serán os días 12, 13 e 16 de setembro de 2024 no seguinte horario:
Terán lugar na aula 1º ESO B.
INFORMACIÓN INICIO DE CURSO ESA
PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS
CURSO 2024/25
O inicio do primeiro cuadrimestre para o alumnado de Educación Secundaria para Persoas Adultas, no curso 2024/25, terá lugar o xoves 12 de setembro de 2024, xoves, ás 18.15 h, cunha sesión de presentación/acollida, no Salón de Actos do IES Val do Tea, para todo o alumnado e o profesorado.
PRAZO DE MATRÍCULA PARA O PRIMEIRO CUADRIMESTRE ESA
. Prazo de matrícula: do 2 ao 10 de setembro de 2024
. Lugar: na oficina do centro IES Val do Tea
. Horario: de 9.00 a 14.00 h
. Documentación precisa para matricularse:
- Solicitude de matrícula (a recoller na oficina)
- DNI
- Tarxeta sanitaria
- 2 fotografías, tamaño carnet
- No caso de ser menor de 28 anos, o xustificante do pago do seguro escolar
SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2024 - 2025 NA ENSINANZA SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS - ESA
O proceso de solicitude de admisión na ensinana secundaria de persoas adultas, ESA, está regulado nos artigos 24 e seguintes da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Nesta orde, no artigo 26.2, establécense que ¨Na modalidade presencial, o prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 15 de xuño de cada ano, e o prazo de matriculación será o comprendido entre o 1 e o 8 de setembro para o primeiro cuadrimestre (Módulos I e III) e entre o 9 e o 19 de xaneiro para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulos II e IV)¨.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA CURSAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
- Impreso de solicitude de admisión.
- Certificado de estudos (certificación académica do último curso agás se é do Módulo I).
- Copia do DNI.
- Copia da tarxeta sanitaria.
A documentación presentarase na Secretaría do centro en horario de 9:00 h a 14:00 h, de luns a venres, ou, tamén, os luns pola tarde en horario de 16:30 h a 18:00 h.
Teléfono de información do Centro: 886 110 513.
PROBA DE AVALIACIÓN INICIAL
PROBA DE AVALIACIÓN INICIAL
RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023/24.
Artigo 13. Proba de avaliación inicial
1. Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuarase unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento.
2. Durante os días 17, 18 e 19 de xaneiro de 2024, realizaranse nos centros EPA e nos IES autorizados as probas de avaliación inicial
PROBA DE NIVEL | |||
IES VAL DO TEA - CURSO 2023 - 2024 | |||
ÁMBITO | CIENTÍFICO - TECNOLÓXICO | SOCIAL | DA COMUNICACIÓN |
DATA | Mércores 17/01/2024 | xoves 18/01/2024 | Venres 19/01/2024 |
HORA | 12:25 h - 13:25 h | 9:35 h - 10:35 h | 10:45 h - 11:45 h |
AULA | 1B3 - XADREZ | 1B3 - XADREZ | 1B3 - XADREZ |
MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS
MATRÍCULA NA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS
ESA
CURSO ACADÉMICO 2023 - 2024
SEGUNDO CUADRIMESTRE (MÓDULOS 2 E 4)
RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2023 - 2024 (DOG do 23 de agosto de 2023).
CAPÍTULO III
Educación Secundaria
Artigo 11. Prazo de matrícula
a) modalidade presencial
1. Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula entre:
- o 9 e o 19 de xaneiro de 2024 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulo 2 e Módulo 4):
Do 09 ao 12 de xaneiro de 2024 → prazo de inscrición para alumnado interno e de nova incorporación.
Do 15 ao 19 de xaneiro de 2024 → prazo de matrícula para o alumnado de nova incorporación.
Do 01 ao 02 de febreiro de 2024 → prazo de matrícula para o alumnado interno.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
INSCRICIÓN : impreso de solicitude de admisión debidamente cumprimentado e asinado, certificación académica persoal, fotocopia do DNI e fotocopia da tarxeta sanitaria.
MATRÍCULA: impreso de solicitude de matrícula debidamente cumprimentado e asinado, resgardo de pagamento do seguro escolar (para menores de 28 anos) e dúas fotografías recentes tamaño carné.
Na Secretaría do centro en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres e de 16:30 h a 18:00 h os luns pola tarde.
Artigo 13. Probas de avaliación inicial
1. Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuarase unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilas ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento (ámbito científico - tecnolóxico, ámbito da comunicación e ámbito social).
2. Durante os días 17, 18 e 19 de xaneiro de 2024, realizaranse nos IES autorizados as probas de avaliación inicial (indicarase o horario nesta páxina web).
Artigo 14. Actividades lectivas
As ensinanzas do segundo cuadrimestre darán comezo na segunda semana do mes de febreiro (luns, 05 de febreiro) e as actividades lectivas rematarán en xuño (venres, 21 de xuño) de 2024.
Presentación do segundo cuadrimestre: o luns 05 de febreiro ás 18:15 h no salón de actos do IES Val do Tea.
PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO ACADÉMICO 2023 - 2024
SOLICITUDE DE ADMISIÓN NA ENSINANZA SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS - ESA
O proceso de admisión na ensinanza secundaria de persoas adultas, ESA, está regulado nos artigos 24 e seguintes da Orde do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Nesta orde, no artigo 26.2, establécese que "Na modalidade presencial, o prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre o 1 e o 15 de xuño de cada ano, e o prazo de matriculación será o comprendido entre o 1 e o 8 de setembro para o primeiro cuadrimestre (Módulos I e III) e entre o 9 e o 19 de xaneiro para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre (Módulos II e IV)".
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA CURSAR A SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
-Impreso de solicitude de admisión.
-Certificado de estudos (certificación académica do último curso/agás se é do Módulo I).
-Copia do DNI.
-Copia da tarxeta sanitaria.
A documentación presentarase na Secretaría do centro en horario de 9:00h a 14:00h, de luns a venres, ou, tamén, os luns pola tarde en horario de 16:30h a 18:00h.
Para calquera aclaración poderá chamarse ao teléfono do centro: 886 110 513.
DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL
As datas de realización das probas de avaliación inicial para a Educación de Persoas Adultas serán os días 18, 19 e 20 de xaneiro de 2023 no IES Val do Tea no seguinte horario:
ÁMBITO | DÍA | HORA | LUGAR |
DA COMUNICACIÓN | 18/01/23 | 11:35 - 12:25 | AULA DE CONVIVENCIA |
SOCIAL | 19/01/23 | 10:45 - 11:35 | AULA DE CONVIVENCIA |
CIENTÍFICO - TECNOLÓXICO | 20/01/23 | 11:35 - 12:25 | AULA DE CONVIVENCIA |
INICIO DO SEGUNDO CUADRIMESTRE NO IES VAL DO TEA PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS
O inicio do segundo cuadrimestre da Educación Secundaria para as persoas Adultas terá lugar o luns 6 de febreiro do 2023 ás 18:15 h cunha sesión de presentación/acollida no Salón de Actos do IES VAL DO TEA para todo o alumnado e o profesorado.
PRAZO DE MATRÍCULA PARA PERSOAS ADULTAS
PRAZO DE MATRÍCULA PARA PERSOAS ADULTAS
MODALIDADE PRESENCIAL.
Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula para o segundo cuadrimestre:
- Prazo de inscrición: do 9 ao 11 de xaneiro de 2023, ambos os dous inclusives, para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre.
Solicitude de inscrición
O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria para persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:
- Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
- Declaración responsable de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro.
- Solicitude de admisión.
- Fotocopia do DNI.
- Prazo de matrícula: do 12 ao 17 de xaneiro de 2023, ambos os dous inclusives, para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimetre.
Solicitude de matrícula
- Solicitude de matrícula.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Pagamento do seguro escolar en ABANCA.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »