Iniciar sesión: Acceso

FONDOLIBROS CURSO 2020 - 2021

PUBLICADA A ORDE QUE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E SE CONVOCAN AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

PRESENTACIÓN PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA.

O PRAZO REMATA O 19 DE XUÑO DE 2020 INCLUÍDO.

(ORDE DE 12 DE MAIO DE 2020, PUBLICADA NO DOG NÚM.96 DE 19 DE MAIO DE 2020).

(CORRECCIÓN DE ERROS PUBLICADA NO DOG NÚM. 98 DE 22 DE MAIO DE 2020).

ADMISIÓN, PREINSCRICIÓN, E MATRÍCULA

ANTE AS VOSAS DÚBIDAS QUE NOS ESTÁN A CHEGAR, FAISE A SEGUINTE ACLARACIÓN DE PROCEDEMENTOS

ADMISIÓN: para o alumnado que desexa matricularse por PRIMEIRA vez no centro. Antes de poder matricularse ten que estar admitido. O prazo de solicitude de Admisión remata o 18 de maio ás 14:00 horas. Pode facerse de dous modos: telemáticamente a través da aplicación AdmisiónAlumnado da Consellería, ou no propio centro. No caso dos colexios adscritos este procedemento xa é automático.

O alumnado do centro NON TEN QUE FACER ADMISIÓN.

PREINSCRICIÓN: documento moi sinxelo que cubren as familias ou o alumnado DO CENTRO para manifestar a súa intención de matricularse para o vindeiro curso e as materias que vai cursar o ano que vén. Tanto os documentos como as instrucións para cumprimentalos ESTÁN NA AULA VIRTUAL. O prazo ramata o 18 de maio.

MATRíCULA: este documento cúbreno tanto o alumnado ADMITIDO PROMOCIONADO EN XUÑO, como o ALUMNADO DO CENTRO QUE VAIA CONTINUAR ESTUDOS NO PROPIO CENTRO E PROMOCIONADO EN XUÑO. O período é, polo tanto, despois da cualificación ordinaria, do 1 ao 10 de xullo.  

PREINSCRICIÓN PARA ALUMNADO DO CENTRO

Os modelos para inscrición para todo o alumnado están na AULA VIRTUAL do centro. Aí tendes unhas instrucións xerais pero, ademais, cada modelo leva ao final unhas instrucións propias que deben ser lidas con atención. Os modelos están editados en Word. As familias e/ou os/as propios/as alumnos/as deben DESCARGAR o modelo que corresponda (o modelo do curso seguinte ao que cursa este ano), CUBRILO TELEMÁTICAMENTE SEGUNDO AS INSTRUCIÓNS, gardalo en Pdf. e enviarllelo ao/á titor/a correspondente. É un procedemento moi fácil e breve. Se non fora posible así, pode enviarse en Word, ou entregalo cuberto en papel no propio centro en horario de 09:00 - 14:00 horas. O prazo remata o 18 de maio.

(clica 1 adxunto)

CALENDARIO DE TAREFAS

A FIN DE RACIONALIZAR MELLOR O TRABALLO TELEMÁTICO EN CASA ALIXEIRAMOS UN POUCO O CALENDARIO DE TAREFAS. ESTE É O CALENDARIO QUE SEGUIREMOS ATA FINALIZAR O CURSO

DÍA

SEMANA

1º -2º -3º

ESO

ESO

Bacharel

Bacharel

 LUNS

Ling. Caste.

Ling. Galeg.

Inglés/Francés

Bioloxía-Xe

Economía

Matemáticas

Matemáticas

Inglés

Francés

Xeografía-Hi

Matemáticas

Xadr./ /Rel.

MARTES

Bioloxía-Xe

Física e Quí

Matemáticas

Xeografía-Hi

Debuxo

Filosofía

Ed. Física

Tecnol./TIC

Ling. Caste.

Ling. Galeg.

Relixión

Debuxo

Filosofía

Inglés/Francés

MERCOR

Latín e gre.

Debuxo

Tecnoloxía/ITI

Física e Quí

Latín e gre.

Inglés

Bioloxía-Xe

Economía

Matemáticas

Tecnol./TIC

Ling. Caste.

Ling. Galeg.

XOVES

Xeografía-Hi

Filosofía//Reli

Música

Tecnol./TIC

Ling. Caste.

Ling. Galeg.

Física e Quí

Latín e gre.

Inglés

Ed. Física

Bioloxía-Xe

Economía

Matemáticas

VENRES

Matemáticas

Bioloxía-Xe

Física e Quí

Ed.Fís/Xadr.

Matemáticas

Inglés

Francés

Relixión

Xeografía-Hi

Debuxo

Filosofía

Física e Quí

Latín e gre.

Inglés

RESUMO SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN E NOVOS PRAZOS

Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

RESUMO

Garántese que o alumnado teña asignada a praza no centro que lle corresponda e poida formalizar a súa matrícula dentro do período ordinario anual que establece a normativa reguladora.

Acordos:

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

  • ·    Solicitudes de admisión de alumnado: do 11 de maio de 2020 ao 18 do mesmo mes.

2. Novos prazos do procedemento.

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

    Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

    Reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

    Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

    Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

NOVAS DO PORTAL EDUCATIVO

Novos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) no ámbito educativo

(...)

Tendo en conta o exposto, e por proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o Cecop toma razón de que a consellería ditará resolución acordando as seguintes cuestións:

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

4. Publicación.

Sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución tamén se publicará na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e procurarase a súa máxima difusión entre todos os centros educativos afectados polo proceso.

– Acordo polo que se modifican as instrucións de presenza dos equipos directivos e doutro persoal nos centros educativos de ensino non universitario.

A Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 (Diario Oficial de Galicia núm. 51, do 15 de marzo de 2020) determina no seu punto décimo:

“Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de máis de seis unidades permanecerá en réxime de quendas só unha persoa do equipo directivo do centro das 10.00 ás 13.00 horas”.

En atención á evolución da pandemia na Comunidade Autónoma e das necesidades do servizo público educativo, por Resolución do 21 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), do 21 de marzo de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 56, do 22 de marzo), e por proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, modificouse o punto décimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa, do 15 de marzo de 2020, mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19, que quedou redactado do seguinte xeito:

“Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de máis de seis unidades permanecerá, a partir do luns 23 de marzo, unha persoa do equipo directivo do centro o tempo que considere preciso para atender o alumnado e as familias, así como para a verificación do funcionamento das infraestruturas tecnolóxicas do centro e do estado do propio edificio educativo.”

Tendo en conta a evolución dos contaxios, que presentan unha melloría no que respecta a Galicia, e a necesidade de arbitrar novas medidas que afectan o servizo educativo, nomeadamente retomar o procedemento de admisión do alumnado e a tramitación das axudas e préstamo de libros de texto, faise preciso reforzar a atención aos membros da comunidade educativa, en especial ás nais e aos pais, que precisan de información e efectuar os trámites precisos para a futura escolarización dos seus fillos/as.

En atención ao anterior, acórdase:

● A partir do día 11 de maio é obrigatoria a presenza nos centros educativos de ensino non universitario de 6 ou máis unidades de, polo menos, un membro do equipo directivo no horario habitual do centro, en xornada de mañá.

● Nos centros de menos de 6 unidades é obrigada a presenza do director ou profesor responsable os días precisos para a realización dos trámites de escolarización e presentación da documentación ou doutros procedementos.

● Nos centros educativos en que exista persoal administrativo é obrigatoria a presenza no centro nos días que estableza a dirección do centro educativo para atender todos os trámites derivados do proceso de admisión e doutros procedementos.

● Desde a mesma data é obrigatoria a presenza do persoal de limpeza nos centros educativos para a realización de tarefas de limpeza e desinfección.

Enténdese por desinfección a limpeza das instalacións, con especial atención ás superficies de contacto máis frecuentes como pomos de portas, mostradores, mobles, pasamáns, máquinas dispensadoras, chans, teléfonos e outros elementos de similares características, conforme as seguintes pautas: utilizaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recentemente preparada ou calquera dos desinfectantes con actividade virucida que se atopen no mercado e que fosen autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade. No caso de usar un desinfectante comercial, respectaranse as indicacións da etiqueta. Tras a limpeza, os materiais empregados desbotaranse de xeito seguro.

Así mesmo, realizarase unha desinfección diaria dos postos de traballo, con especial atención a mostradores, anteparos, teclados, pantallas táctiles, ferramentas de traballo e outros elementos susceptibles de manipulación, prestando especial atención a aqueles utilizados por máis dun traballador.

– Acordo relativo ao levantamento da suspensión da formación en centros de traballo correspondente aos estudos de formación profesional.

1. A Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19, establece no punto primeiro c), entre outros:

“– Suspéndense as prácticas de formación profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus.

– Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FP dual.”

2. O R.D. 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, establece no seu artigo 9 as medidas de contención no ámbito educativo e da formación:

● Suspéndese a actividade educativa presencial en todos os centros e etapas, ciclos, graos e niveis de ensino recollidos no artigo 3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, así como calquera outra actividade educativa ou de formación impartida noutros centros públicos ou privados.

● Durante o período de suspensión, manteranse as actividades educativas a través da modalidade a distancia en liña, sempre que resulte posible.

Polo tanto, a declaración do estado de alarma non fai referencia específica á formación en centros de traballo.

3. A Orde EFP/361/2020, do 21 de abril, pola que se adoptan medidas excepcionais en materia de flexibilización das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e das ensinanzas de réxime especial (BOE do 23) foi adaptada a Galicia mediante a  Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo e nas ensinanzas de réxime especial (publicada no Portal educativo da Consellería do día 23). Establécense, entre outras, as seguintes previsións:

Na realización da FCT no período ordinario, os centros educativos poderán:

a) Reducir a duración deste módulo ata os mínimos previstos nos reais decretos polos que se establecen os títulos e as súas ensinanzas mínimas: 220 horas no caso de ciclos de grao medio e de grao superior, e 130 horas nos ciclos de grao profesional básico. Así mesmo, no caso dos programas formativos establecidos na Comunidade Autónoma de Galicia, a FCT poderá reducirse a 65 horas.

b) Desenvolver o módulo de FCT sen precisar da autorización recollida no artigo décimo cuarto da Orde do 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo de FCT en Galicia, en días non lectivos e/ou ampliando ao máximo as horas diarias de estadía na empresa, na medida en que as características de cada sector produtivo ou de servizos o permitan.

c) Favorecer que o alumnado realice ou remate o módulo de FCT mediante a fórmula do teletraballo, sempre que unha empresa ou institución ofreza esta posibilidade e o/a titor/a considere que desta forma o/a alumno/a pode desenvolver as capacidades e acadar os resultados de aprendizaxe previstos no citado módulo e que poida levar a cabo, tamén por medios telemáticos, o seguimento da súa aprendizaxe.

d) Nos ciclos de grao superior derivados da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, integrar a realización da formación en centros de traballo e o módulo de proxecto nun único módulo cunha duración de 245 horas (FCT 220 horas e proxecto 25 horas), correspondentes á suma da duración prevista para eses módulos nos reais decretos de cada título. Neste módulo integraranse os resultados de aprendizaxe e os criterios de realización do módulo de FCT, e os resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación do módulo profesional de Proxecto establecidos no currículo de cada título.

En atención ás determinacións anteriores, por proposta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional:

Acórdase levantar a suspensión de realización da formación en centros de traballo recollida na Resolución do 12 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se adoptan as medidas preventivas en materia de saúde pública na Comunidade Autónoma de Galicia, como consecuencia da evolución da epidemia do coronavirus COVID-19.

(CONSULTA A INFORMACIÓN COMPLETA NO ENLACE)

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30990

NOVAS DA CONSELLERÍA

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

(preme o enlace)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf

NOVAS DO PORTAL EDUCATIVO

Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021

(preme o enlace)

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_abau_28_abril...

DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN DO CENTRO

COMUNICACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Todo o alumnado e os seus país/nais/titores legais do IES Val do Tea poderán manter unha comunicación continuada para calquer tipo de consulta con calquer membro do

Departamento de Orientación:

·Xefatura do Departamento/Orientadora: Elvira González

·Profesora especialista de Pedagoxía Terapéutica: Ana Miragaya

a través do seguinte mail

orientacionvaldotea@gmail.com

Procurarase dar, na medida do posible, unha resposta inmediata. No corpo da mensaxe é necesario identificarse co nome e curso do alumno/a.

En caso de preferir contactar telefónicamente, haberá que deixar na mensaxe un número de teléfono e procurarase realizar a chamada o antes posible. O Departamento de Orientación manterá comunicación permanente coa comunidade educativa a través da publicación de novas de interese e recomendacións no ámbito da orientación no blogue do Departamento aloxado no seguinte link: https://orientavaldotea.blogspot.com

NOVAS DA CONSELLERÍA

Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente)

Ven, 17/04/2020 - 18:40

O pasado mércores, día 15 de abril, en reunión da Conferencia Sectorial de Educación, o Ministerio de Educación e Formación Profesional achegou ás Comunidades Autónomas un documento base para a publicación dunha norma que regule as directrices para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020 e o inicio do curso 2020-2021.

Ata o momento de publicar o presente documento, o Ministerio de Educación non ten aínda publicada norma algunha, tal como se lle ten requirido desde a Comunidade Autónoma de Galicia, que permita aplicar, con seguridade xurídica, a toma de decisións no actual contexto, en relación con aspectos regulados en normativa básica, tales como os criterios de promoción e titulación do alumnado.

A situación sanitaria continúa obrigando ao mantemento do estado de alarma e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, consciente da necesidade de xerar seguridade na comunidade educativa, traballa para que o dereito á educación, baseado nos principios de equidade e igualdade de oportunidades, siga vixente.

A Consellería de Educación tentará, sempre que a situación sanitaria o permita, que o noso alumnado poida volver ás aulas antes de que o curso 2019-20 se dea por rematado. Uns días que lles dean a oportunidade de volver a atoparse cos seus compañeiros e os seus docentes e recoñecer o labor destes na súa aprendizaxe.

Namentres, cada un desde as nosas responsabilidades, con lealdade e de forma coordinada, seguiremos traballando para saír xuntos desta pandemia, sen deixar a ninguén atrás.

En tanto non se publique a correspondente norma é oportuno adiantar como avance estas orientacións para os centros educativos para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020.

1. Principio fundamental

Todos os responsables das tarefas educativas, sexan docentes, equipos directivos ou membros das Administracións, extremarán o seu coidado para apoiar aos estudantes e ás súas familias, aos docentes e a todos os membros da comunidade educativa, así como para facer posible o desenvolvemento das súas tarefas respectivas en condicións que promovan o seu benestar. En consecuencia, todas as decisións da Administración educativa estarán suxeitas ás recomendacións sanitarias e velarán pola adopción das medidas recomendadas polos responsables de dita área.

2. Continuidade do calendario escolar

Durante o terceiro trimestre os centros docentes continuarán coa atención educativa ao alumnado, desenvolvendo actividades que permitan aos alumnos e alumnas manterse incorporados á aprendizaxe continua e suscitar o seu interese por aprender, de modo non presencial ou, de ser o caso, presencial, en función das recomendacións que diten as autoridades sanitarias. Ditas actividades estarán adaptadas á idade e características do alumnado, así como á situación excepcional que están a vivir.

As actividades lectivas que se desenvolven durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020, sempre condicionadas polo situación sanitaria, non se estenderán más alá das datas establecidas na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, excepción feita dalgúns procesos singulares, como a celebración das probas da ABAU ou as de acceso ás diferentes ensinanzas.

3. Adaptación da actividade

As actividades lectivas que se desenvolvan durante o terceiro trimestre do curso 2019-2020 deberán combinar de maneira integrada as actividades a distancia e as presenciais que puideran levarse a cabo, segundo evolucione a situación sanitaria. A tal efecto, os centros educativos:

Prestarán especial atención a identificar ao alumnado desconectado por diversas circunstancias ou non localizable e prepararán plans específicos de recuperación do vínculo escolar e de reforzo que lles axuden a reincorporarse á actividade educativa tan pronto como sexa posible. Os centros darán traslado de ditos plans específicos á inspección educativa .

Farán un especial esforzo para identificar ao alumnado que carece de medios de conexión dixital e, en virtude da súa autonomía organizativa e de xestión, arbitrarán as medidas necesarias e facilitarán o uso de distintos tipos de dispositivos adecuados para a atención educativa a este alumnado.

Intensificarán a posta a disposición do alumnado dos recursos tecnolóxicos e doutro tipo que necesiten para o desenvolvemento das súas actividades, e desenvolverán formación e ferramentas adecuadas para permitir que o alumnado obteña o maior proveito da metodoloxía non presencial.

Coa finalidade de axudar ao alumnado a organizar as súas actividades escolares, autorregular a súa aprendizaxe e manter un bo estado emocional, os centros educativos adaptarán o modelo de titorías á nova situación, e organizarán accións de orientación académica e profesional cos medios dispoñibles, especialmente para o alumnado de 4º de ESO, 2º de FP Básica, 2º de Bacharelato e 2º de FP de grado medio.

Os centros educativos organizarán os seus recursos de apoio para favorecer na medida do posible a axeitada atención ao alumnado con necesidades educativas especiais, favorecendo o seu acceso ao currículo por medio da adaptación dos instrumentos, tempos e apoios que aseguren una adecuada atención e avaliación deste alumnado. Porase, asemade, especial coidado na atención ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Os Departamentos de Orientación continuarán co desenvolvemento das actuacións, medidas e programas para a atención á diversidade establecidas no Plan Xeral de Atención á Diversidade do seu centro, adaptandoas á situación de confinamento de alumnado e profesorado, e asesorando aos diferentes membros da comunidade educativa, preferentemente, para o coidado do seu benestar emocional.

4. Currículo e programacións didácticas

Os centros e o profesorado revisarán as programacións didácticas para centrar as actividades lectivas do derradeiro trimestre nas aprendizaxes e competencias imprescindibles que deberían desenvolver os alumnos e as alumnas, en función da súa etapa, curso, área, materia ou módulo, flexibilizando os seus plans de traballo e coidando de non penalizar ou afectar ao benestar do seu alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas.

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. Na medida do posible deseñarán actividades globalizadoras e interdisciplinares, debidamente titorizadas, promovendo o traballo colaborativo entre os equipos docentes das distintas áreas e materias nas etapas, ciclos ou ensinanzas en que sexa posible.

Os currículos, programacións e actividades que se desenvolvan durante o terceiro trimestre nos cursos que conducen a unha titulación final de etapa terán especialmente en conta esta circunstancia e flexibilizaranse e adaptaranse para axudar en todo o posible a que o seu alumnado poida alcanzala.

Os centros educativos reforzarán a imprescindible coordinación do profesorado á hora de adaptar as programacións, as actividades e os criterios de avaliación, co fin de evitar problemas como a sobrecarga de tarefas, a falta de acompañamento docente ou a desigualdade do apoio aos estudantes que lles poden prestar a súas familias.

5. Avaliación

Os centros e o profesorado adaptarán o sistema de avaliación do alumnado, co obxectivo prioritario de que os alumnos e as alumnas non perdan o curso e poidan continuar avanzando na súa formación, tendo en conta de maneira especial a situación do alumnado máis vulnerable.

A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, ciclos e ensinanzas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

Os centros educativos e o profesorado emitirán un informe individual valorativo do traballo realizado polos seus alumnos e alumnas no curso, que inclúa os atrasos que puidesen terse producido e un plan de recuperación destes.

6. Apoio aos centros educativos

Os centros contarán cos recursos formativos e medios de apoio que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pon a súa disposición para permitir que o profesorado desenvolva o seu labor docente nas mellores condicións posibles na situación actual.

Desde a Rede de Formación do Profesorado prestarase o apoio inmediato e continuo ao persoal docente, nas novas necesidades que poida xerar o proceso de ensinanza e aprendizaxe a distancia. Así mesmo poñerán a disposición dos centros educativos os seus recursos, en especial para favorecer a atención ao alumnado máis vulnerable.

Así mesmo, os Equipos de Orientación Específicos (EOE) establecerán canles de comunicación e tomarán a iniciativa cun contacto diario e permanente, para asesorar e apoiar aos departamentos de orientación, coa fin de favorecer a resposta educativa na atención á diversidade do alumnado e o seu benestar emocional .

A Inspección educativa prestará o apoio e asesoramento aos centros educativos no proceso de adaptación das súas programacións didácticas e en todo aquilo que, dentro das súas funcións, facilite a mellora da atención educativa ao alumnado.

consulta o portal educativohttp://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa