MATRÍCULA ABAU 1
Enviado por admin o Mar, 09/06/2020 - 12:11PROCEDEMENTO EN OFICIÑA
1.RECOLLIDA DE IMPRESOS, OS DÍAS 10 E 11 NO SEGUINTE HORARIO (AMBOS OS DÍAS):
2ºBACHARELATO A: 10:00 - 11:00 HORAS
2ºBACHARELATO B: 11:00 - 12:00 HORAS
2ºBACHARELATO C: 12:00 - 13:00 HORAS
(CUBRIR O IMPRESO PODE FACERSE TAMÉN TELEMÁTICAMENTE)
2.PAGAR A TAXAS
3.ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN NO CENTRO, OS DÍAS 12 e 16 NO SEGUINTE HORARIO:
2ºBACHARELATO A: 10:00 - 11:00 HORAS
2ºBACHARELATO B: 11:00 - 12:00 HORAS
2ºBACHARELATO C: 12:00 - 13:00 HORAS
RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS 2º BACHARELATO
NESTE ENLACE TEDES A INFORMACIÓN, PRAZOS E PROCEDEMENTO PARA A RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DE 2ºBACHARELATO.
(preme o enlace)
ENTREGA BOLETÍNS 2ºBACHARELATO
A ENTREGA DE BOLETÍNS COA CUALIFICACIÓN ORDINARIA PARA O ALUMNADO DE 2º BACHARELATO SERÁ MAÑÁ LUNS 8, A PARTIRES DAS 21:00 HORAS A TRAVÉS DE CORREO ELECTRÓNICO. ENVIARANSE AO CORREO ELECTRÓNICO DO/A ALUMNO/A OU, NO SEU DEFECTO, Á QUE FIGURE NA BASE DE DATOS DE XADE. INGUALMENTE DEBERÁN CHEGAR POR ABALARMÓBIL.
NOVAS DO PORTAL EDUCATIVO
O IES VAL DO TEA ADMITIDO PROVISIONALMENTE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL).
(clica no enlace)
NOVAS DA CONSELLERÍA
PUBLICADAS AS Instrucións do 28 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se amplían e concretan determinados aspectos das Instruciónsdo 27 de abril de 2020 para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ao obxecto de ampliar e de concretar determinados aspectos relativos aavaliacióne criterios depromoción edetitulación, recollidos nas Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, procede ditar as seguintes instrucións,
1. Obxecto e ámbito de aplicación
1.1. Estasinstrucións teñen por obxectoampliare concretardeterminados aspectos dasInstruciónsdo 27 de abril de 2020, para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20nos centros docentesdaComunidade Autónoma de Galicia, no relativo acriterios de avaliación,promoción etitulaciónpara o presente curso 2019/20.
1.2.Son de aplicación en todos os centros educativos non universitarios da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas establecidas naLei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, na redacción dada pola Lei 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, no contexto da aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID19.
2. Probas finaise avaliación final
2.1 Os centros educativos non poderán realizar probasde modo presencialao alumnado. Aquelescentros que tiveran previsto a realización deprobaspresenciais, coa finalidade de aumentar as oportunidades do alumnado para superar as materias pendentesou con avaliación negativa,só poderán realizalasde modo non presencial,polo mesmo mecanismo co que cada centro se viñese comunicando co seu alumnado no desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe desde a suspensión da actividade presencial. Se os docentes o consideran oportuno, asprobas poderán ser substituídas pola realización de traballos ou actividades que permitan unha avaliación obxectiva do alumno ou alumna.
2.2. As probas extraordinarias do mes desetembro, realizaransena modalidade presencial ou non presencial,en función das condicións sanitarias existentes no momento da súa celebración. Ditas probas versarán exclusivamente sobre os obxectivos, as aprendizaxes e as competencias desenvolvidas en modo presencial durante o primeiro e o segundo trimestre.
2.3. Os centros educativos celebrarán conxuntamentea sesiónda terceira avaliación parcial e asesión da avaliación final,levantándose a correspondente acta. Valorarase o esforzo do alumno ou da alumna na realización das tarefas e actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación de aprendizaxes propostas,e o interese amosadono seguimento da actividade educativa desenvolvidano períodonon presencial, tendo especial consideración ás dificultades de carácter tecnolóxico, social ou persoal que puideran ter concorrido en cada un dos alumnos e alumnas. En todo caso, a valoracióndas actividades realizadas na fase non presencial só poderá ter valor positivo para a cualificación final do alumno ou da alumna.
2.4. Polascircunstancias excepcionais do desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020, nos documentosde avaliaciónos centros educativosrexistrarán as cualificacións da primeira e da segunda avaliación e as cualificacións da avaliación final. Nonserexistrarán cualificacións da terceira avaliación.No caso das ensinanzasdeformación profesional rexeranse polasúa normativa específica.
3. Criterios de promociónen educación secundariaobrigatoria, en formación profesional básicae en bacharelato
3.1. En educación secundaria obrigatoria, en formación profesional básicae en bacharelato, independentementede que a adopción dadecisiónsobre promoción se adopte por parte do equipo docente na convocatoria ordinaria de xuño ou na extraordinaria de setembro, os alumnos e as alumnas que promocionen dun curso a outro dentro da mesma etapacon materias non superadas terán dereito a presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro, a fin de posibilitarlle a recuperación desas materias.
3.2.Os resultadosda convocatoria extraordinarianon alterarán as decisións de promoción que se tiveran adoptado na avaliación final ordinaria, agás que sexan máis favorables para o alumno ou alumna. Para estes efectos, a situación de non presentado/a (NP) na avaliación extraordinaria equivalerá á cualificación numérica obtida para a mesma materia na avaliación ordinaria.
4.Criterios de titulaciónen bacharelatoOs centros educativos poderán flexibilizar, de maneira excepcional, os criterios para a obtención do títulode bacharelatosen ter en consideración as limitacións que afecten ao número de materias non superadas, cando a xuízo do equipo docente, o alumno ouaalumna teña adquiridos suficientemente os obxectivos xerais de etapa que lle permitan continuar o seu itinerario académico.En todo caso,a nota media da etapa debe ser igual ou superior a 5.
5. Informe individualizadoO informe individualizado recollido no punto7.4das Instrucións do 27 de abrilserá coordinadopolo profesorado titorcoas aportacións doprofesorado dogrupo. Facilitarase o modelo aos centros educativos.
(preme o enlace)
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/28_05_2020_instrucions_c...
CALENDARIO PRESENCIAL 2º BACHARELATO
PUBLICADO NA AULA VIRTUAL DO CENTRO O CALENDARIO PARA A ASISTENCIA PRESENCIAL DO ALUMNADO DE 2º BACHARELATO
NOVAS DA CONSELLERÍA
Publicada a RESOLUCIÓN, DO 22-05- 2020, DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE REINICIA A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL NO CURSO 2019-2020, SE DETERMINAN AS INSTRUCCIÓNS PARA O QUE RESTA DO PRESENTE CURSO E SE ADOPTAN MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE PARA A REAPERTURA PARCIAL NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DEPENDENTES DA CONSELLERÍA
(vai á dirección)
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31084
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/31084
FONDOLIBROS CURSO 2020 - 2021
PUBLICADA A ORDE QUE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E SE CONVOCAN AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.
PRESENTACIÓN PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA.
O PRAZO REMATA O 19 DE XUÑO DE 2020 INCLUÍDO.
(ORDE DE 12 DE MAIO DE 2020, PUBLICADA NO DOG NÚM.96 DE 19 DE MAIO DE 2020).
(CORRECCIÓN DE ERROS PUBLICADA NO DOG NÚM. 98 DE 22 DE MAIO DE 2020).
ADMISIÓN, PREINSCRICIÓN, E MATRÍCULA
ANTE AS VOSAS DÚBIDAS QUE NOS ESTÁN A CHEGAR, FAISE A SEGUINTE ACLARACIÓN DE PROCEDEMENTOS
ADMISIÓN: para o alumnado que desexa matricularse por PRIMEIRA vez no centro. Antes de poder matricularse ten que estar admitido. O prazo de solicitude de Admisión remata o 18 de maio ás 14:00 horas. Pode facerse de dous modos: telemáticamente a través da aplicación AdmisiónAlumnado da Consellería, ou no propio centro. No caso dos colexios adscritos este procedemento xa é automático.
O alumnado do centro NON TEN QUE FACER ADMISIÓN.
PREINSCRICIÓN: documento moi sinxelo que cubren as familias ou o alumnado DO CENTRO para manifestar a súa intención de matricularse para o vindeiro curso e as materias que vai cursar o ano que vén. Tanto os documentos como as instrucións para cumprimentalos ESTÁN NA AULA VIRTUAL. O prazo ramata o 18 de maio.
MATRíCULA: este documento cúbreno tanto o alumnado ADMITIDO PROMOCIONADO EN XUÑO, como o ALUMNADO DO CENTRO QUE VAIA CONTINUAR ESTUDOS NO PROPIO CENTRO E PROMOCIONADO EN XUÑO. O período é, polo tanto, despois da cualificación ordinaria, do 1 ao 10 de xullo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- seguinte ›
- última »