Iniciar sesión: Acceso

DATAS ABAU. PRAZOS E PROCEDEMENTOS DE RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS FINAIS DE 2º BACHARELATO

Segundo a Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa:

  

  1. Datas das probas da ABAU:

    • −  Convocatoria ordinaria4, 5 e 6 de xuño de 2024.

    • −  Convocatoria extraordinaria2, 3 e 4 de xullo de 2024.

  2. Prazos e procedemento para as reclamacións:
  3. PARA OS TRÁMITES DE RECLAMACIÓN, O HORARIO DA OFICINA DO CENTRO É DE 9.00 A 14.00 HORAS

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS CURSO 2024/25

No taboleiro do noso centro están publicadas desde o día 15 de mario de 2024, as listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido na ESO e en Bacharelato por curso e pola orde de puntuación provisional total obtida. (Taboleiro ao lado de conserxería)

O alumnado que figura como non admitido pode obter praza na adxudicación subsidiaria do mes de xullo de 2024. Figura como alumnado en reserva.

Lembrade que está prohibido facer fotos pola Lei de Protección de Datos.

Tamén están dispoñibles a través da aplicación informática admisionalumnado

 SEGUINTE PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA DO ALUMNADO:

Formalización da matrícula na ESO e BACHARELATO: do 23 de xuño ao 8 de xullo.

Segundo a normativa vixente, o alumnado que non se matricule no prazo sinalado, PERDE O DEREITO Á PRAZA NO CENTRO.

Achegámonos (máis) á musica tradicional da man de Mondra!

Esta mañá o alumnado de 1º Bacharelato fixo un interesante percorrido polas músicas de onte a hoxe da man de Mondra. Con el achegáronse ao mundo da foliada (máis coñecidas como seráns pola nosa zona) e a grande relevancia que esta tiña na vida cotiá das persoas. A través de semellanzas entre a vida de onte e a de hoxe, o alumnado puido recoñecer a importancia que tivo e sempre terá a nosa tradición.

Grazas, Mondra, e parabéns polo teu fermoso traballo! Vémonos na foliada!

ENTREVISTEA. Grandes deportistas do Val do Tea

Engadimos ao noso programa de radio "ENTREVISTEA. Grandes deportistas do Val do Tea" un novo capítulo. Desta volta entrevistamos a Rebecca, alumna de 2º Bacharelato e xogadora de fútbol desde hai xa moito tempo. 

Se queredes saber máis sobre a súa experiencia, escoitade esta nova entrevista!

I Intercentros de teatro (IES Pazo da Mercé)

No día de onte, o alumnado de Artes Escénicas participou no 1º Intercentros de teatro organizado polo IES Pazo da Mercé. Ao longo da mañá participaron en diferentes obradoiros impartidos por alumnado da ESAD: texto, improvisación, voz, expresión corporal, clown e escena, todos eles organizados en diferentes lugares dos arredores do centro.

Sen dúbida unha xornada moi enriquedora! Agardamos impacientes pola próxima edición!

O cartel promocional da xornada é obra da nosa alumna Noa P. C. de 2º Bacharelato de Artes, quen capturou perfectamente o espírito desta xornada.

 https://www.vigoe.es/comarcas/paradanta-a/as-neves/xornada-de-convivencia-teatral-dos-institutos-do-condado/

Visitamos a Feira dos minerais de Guláns

Como xa é tradición, un ano máis volvemos á Feira dos minerais de Guláns! Nesta ocasión foi o alumnado de 1º ESO o que asistiu. Ademais de visitar a feira, tiveron ocasión de participar en diferentes obradoiros de identificación de minerais e Mineraloxía.

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa