Iniciar sesión: Acceso

I CONCURSO RELATO FILOSÓFICO

Este concurso vai destinado a toda a comunidade escolar do centro: alumnado, profesorado e persoal non docente, nais e pais do alumnado.

Clica no adxunto para acceder ás bases do concurso

I CONCURSO RELATO FILOSÓFICO

IMPRESOS PREMATRÍCULA CURSO 2021-2022

A carpeta contén seis adxuntos con cadansúa folla para cubrir a matrícula, segundo o curso que corresponda.

CLICA NOS ADXUNTOS

CLICA NO CURSO QUE CORRESPONDA

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

 

Normativa de aplicación:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS DE PROTECCIÓN PARA ALUMNADO DE ESO

 

Publicamos unhas INSTRUCCIÓNS  BASEADAS NA ORDE DO 6 DE NOVEMBRO DE 2020 polo que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria en centros públicos. DOGA nº 230 13.11.2020

       1. Alumnado destinatario

 Do alumnado matriculado en educación secundaria,

  • NON ten que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar do curso 2020-2021. Entregaremos as máscaras a este alumnado tan pronto como cheguen sen que teñan que facer ningún outro trámite.
  • SI ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións

o   Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 €

 o   Alumnado en tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 o   Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

      2. Solicitudes (só para o alumnado non beneficiario da axuda de material)

 o   Presentaranse unicamente no centro educativo no que o alumno estea matriculado.

 o   Prazo: do 16 ao 27 de novembro de 2020.

 o   Adxúntase a esta mensaxe o modelo de solicitude.

 

LISTAXE DO ALUMNADO DE 4 ESO POR GRUPOS

LISTAXE DO ALUMNADO DOS NIVEIS 3 ESO E 2 BACHARELATO POR GRUPOS

INICIO DE CURSO 20-21

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa

Plan Proxecta