Iniciar sesión: Acceso

ACCESO PARA ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL 2022-2023

Publicáronse as resolucións de acceso para varias das ensinanzas de réxime especial para o vindeiro curso 2022-2023: ensinanzas artísticas superiores de conservación e restauración, arte dramática, e deseño.

Para información relacionada con Ensinanzas deportivas e musicais, podedes pasar polo departamento de Orientación.

 

Xornadas de acollida alumnado 6º Primaria e 4º ESO

A normalización da situación covid permítenos nos IES Val do Tea recuperar as xornadas de acollida do noso futuro alumnado da ESO e Bacharelato. 

 

AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA MAIO - MÓDULOS 1 E 3 - ESA

MÓDULO ÁMBITO DATA HORA AULA
1 SOCIAL LUNS, 16/05/2022 18:15 MÓD. 4 - B
1 CIENTÍFICO - TECNOLÓXICO MÉRCORES, 18/05/2022 18:15 MÓD. 4 - B
1 COMUNICACIÓN XOVES, 19/05/2022 18:15 MÓD. 4 - B
3 SOCIAL LUNS, 16/05/2022 20:00 MÓD. 4 - A
3 CIENTÍFICO - TECNOLÓXICO MÉRCORES, 18/05/2022 18:15 MÓD. 4 - A
3 COMUNICACIÓN XOVES, 19/05/2022 20:00 MÓD. 4 - A

PUBLICADA CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CORRESPONDENTES AO CURSO 2021-2022

Publicado no DOG a Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022 (código de procedemento ED311A).

Bolsas para estudos de bacharelato. Curso 2022-2023

Compartimos información relativa ás bolsas para estudos de bacharelato:

1º Bacharelato:

Requisitos: ter una nota media de, polo menos, 5 puntos en 4º ESO e non estar repetindo no curso actual.

2º Bacharelato:

Requisitos: ter aprobado no curso anterior todas as materias, menos unha. Excepto para que repetise no curso anterior, que debe ter aprobadas todas as materias. Non estar repetindo  no curso actual.

Obrigas comúns:

  • Non darse de baixa durante o curso 2022-2023
  • Asistir, polo menos, ao 80% das clases
  • Aprobar un mínimo do 50% das materias, en convocatoria ordinaria ou extraordinaria

PRAZO: do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022

Información e solicitudes: https://www.becaseducacion.gob.es

Exposición Irlanda e San Patricio

Inaugurada a exposición temática Irlanda e San Patricio no IES val do Tea.

Agradecemos públicamente as aportacións e convidamos aos membros da nosa comunidade educativa a visitala no horario de apertura do centro.

          

VACANTES PARA O CURSO 2022/2023

Publícase a relación de vacantes por cursos no IES val do Tea para o curso 2022/2023

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022 - 2023

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA O CURSO 2022 - 2023 SERÁ DO 1 AO 21 DE MARZO.

As solicitudes presentaranse a través da aplicación ADMISIÓNALUMNADO, ou presencialmente en modelo normalizado no centro elixido en primeiro lugar.

ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo do 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

VI FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS

No IES Val do Tea apostamos polo futuro profesional do noso alumnado. O 16 de febreiro, máis de 60 rapaces e rapazas de 3º ESO, 4º ESO e 2º Bacharelato acudiron a VI Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas acompañados polo orientador do noso centro educativo. 

 

                           

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa

Plan Proxecta