Iniciar sesión: Acceso

Coñecendo a vila de Manuel Antonio e Castelao

O alumnado de 2º de Bacharelado visitou este luns a vila de Rianxo e tivo a oportunidade de coñecer máis de preto a historia de Manuel Antonio e Daniel R. Castelao. Visitaron o Museo do Mar, a Casa Museo de Manuel Antonio e mentres a chuvia o permitiu realizaron un roteiro por diferentes espazos da vila.

Outro xeito de nos achergarmos á vida destes autores!

 

SAMAÍN NO VAL DO TEA

O mes de outubro vén cheo de concursos para o noso alumnado! 

Con motivo do Samaín, poderedes decorar as portas das aulas e participar no concurso "Portas do terror". Tamén podedes engalanar as aulas. A temática deberá ser terroríííífica.

DATA LÍMITE: 27 DE OUTUBRO

Ademais de decorar, "Toca cociñar!". Convidámosvos a participar na II edición do noso concurso de doces. Debedes respectar as bases do concurso que indicamos a continuación:

- Elabora un doce.

- Decórao para que sexa máis vistoso. A temática é o Samaín.

- Copia nun papel a receita indicando ben claro os ingredientes que empregaches. Por suposto, EN GALEGO.

- Pensa nun seudónimo que che guste e anótao no papel da receita. (O teu nome só debe sabelo a persoa encargada de recoller os doces).

- O día da entrega será o 28 DE OUTUBRO antes do 1º recreo.

- Durante o 1º e 2º recreo o xurado seleccionará os doces gañadores que recibirán interesantísimos premios!

CONCURSO OUTONO-TEA

VISITA DE LUZ FANDIÑO

No mes de setembro estivo connosco Luz Fandiño, protagonista do documental A poeta analfabeta e exemplo de muller loitadora e rebelde. Falou co alumnado de 1º de Bacharelato da súa experiencia de vida e tamén da súa obra.

Velaquí un poema desta autora ao que Ses puxo música e voz no seu disco Liberar as arterias:

Eu son da clase dos poetas
descoñecidos e ignorados
para os que nunca se fixeron premios
nin nunca son publicados.
Son a poeta daqueles
que loitan por saír de escravos
Son a poeta daqueles
aos que todo lles foi negado
Eu son a poeta daqueles
que sobreviven do emprestado
A poeta analfabeta
Poeta dos desherdados
Son a poeta daqueles
aos que todo lles foi negado.
Son a poeta daqueles
que loitan por saír de escarvos.

  

XORNADA DE PRESENTACIÓN PARA AS FAMILIAS

O martes 20 de setembro terá lugar a xornada de presentación para as familias no salón de actos do centro.

Haberá unha presentación conxunta por nivel (ver horas de presentación para cada nivel na imaxe), e de seguido as familias acompañarán a cada titora/ titor de grupo ás aulas de referencia do alumnado para recibir información máis polo miúdo.

Prema no documento adxunto para ver a imaxe en pdf. 

 

 

Cualificacións provisionais das probas extraordinarias de hípica

Publícase no documento adxunto as cualificacións provisionais das probas extraordinarias de hípica.

LISTAXE DEFINITIVA LIBROS DE TEXTO 22-23

Publícase no documento adxunto a listaxe definitiva dos libros de texto para o presente curso 22-23.

FUNCIONALIDADES DE ABALAR MÓBIL

Neste enlace podemos ver as funcionalidades de Abalar Móbil (xustificación de faltas, petición titorías, etc)

 

https://www.youtube.com/watch?v=6cY5JtUURaM

LISTAXE DEFINITIVA DE INSCRITOS Á PROBA DE ACCESO EXTRAORDINARIOA ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DO CICLO INCIAL NA MODALIDADE DE HÍPICA

Publícase no documento adxunto a listaxe definitiva de inscritos á proba de acceso extraordinaria ás ensinanzas deportivas do ciclo inicial na modalidade de hípica

Distribuir contido

Eventos

« Outubro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa

Plan Proxecta