Iniciar sesión: Acceso

CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS DA PROBA EXTRAORDINARIA NAS DISCIPLINAS HÍPICAS DE SALTO, DOMA E CONCURSO COMPLETO

Publícanse no documento adxunto as cualificacións provisionais da proba extraordinaria específica de acceso ás ensinanzas deportivas de ciclo final de grao medio das ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo nas disciplinas hípicas de salto, doma e concurso completo.

Fun with fear, con Matías Daporta

O alumnado de 1 de Bacharelato pasou unha xornada diferente e moi divertida grazas a Matías Daporta. O seu xogo de cartas Fun with fear permitiulles xogar a enfrentarse aos seus medos sexuais.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS (GRAO MEDIO E SUPERIOR). ORDE DE CONVOCATORIA DE 2023

Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D):

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 23 de xaneiro e 3 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Máis información na páxina web da Consellería: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38835

Proxecto de viaxe do alumnado de latín e grego: Emerita Augusta

Discipulae et discipuli, latinae linguae magistra vobis nuntiat, ut victor circulus fuit qui Emeritae Augustae presentationem fecit.

Omnes circuli opera bona fecerunt, sed unus victor esse poterat.

Primus victor: Emerita Augusta

Secundus victor: Tarraco Nova

Tertius victor: Segobriga

Gratias plurimas omnibus qui opera fecistis et qui victores legistis.

---

Alumnos e alumnos, a profesora de lingua latina anúnciavos que o grupo gañador foi o que fixo a presentación de Mérida.

Todos os grupos fixeron un bo traballo, pero só podía haber un gañador.

O primeiro gañador: Mérida

Segundo gañador: Tarragona

Terceiro gañador: Segóbriga

Moitas grazas a todas as persoas participantes.

Despedimos a 1ª avaliación con boa música!

O alumnado de 2º Bacharelato quixo despedir o 2022 organizando unha serie de actividades para os seus compañeiros e compañeiras. Despois dun interesante coloquio, Alberto Rodríguez e Daniel Corral amenizaron a última mañá antes das vacacións coa súa música. Unha vez máis demóstrase que a vila de Ponteareas está chea de talento e músicos cun gran futuro por diante!

 

Horario de atención ao público nas vacacións de Nadal

Durante as vacacións de Nadal, o centro permanecerá aberto os seguintes días: 

27, 28 de decembro

3, 4 de xaneiro

Horario: 10:00h - 13:00h

 

Listaxe definitiva de inscritos á proba de acceso extraordinaria ás ensinanzas deportivas do ciclo final na modalidade de hípica

Publícase a listaxe definitiva de inscritos á proba de acceso extraordinaria ás ensinanzas deportivas do ciclo final na modalidade de hípica

Idiota, do IES Ribeira do Louro

Na tarde do luns recibimos a visita do grupo de teatro do IES Ribeira do Louro coa representación de Idiota, un thriller psicolóxico do dramaturgo catalán Jordi Casanovas.

Parabéns polo voso traballo!

Parácheste a pensar o que pode acontecer cando asinas un contrato sen lelo na súa totalidade?

PRAZO DE MATRÍCULA PARA PERSOAS ADULTAS

PRAZO DE MATRÍCULA PARA PERSOAS ADULTAS

MODALIDADE PRESENCIAL.

Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula para o segundo cuadrimestre:

- Prazo de inscrición: do 9 ao 11 de xaneiro de 2023, ambos os dous inclusives, para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre.

Solicitude de inscrición

O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria para persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:

- Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.

- Declaración responsable de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro.

- Solicitude de admisión.

- Fotocopia do DNI.

- Prazo de matrícula: do 12 ao 17 de xaneiro de 2023, ambos os dous inclusives, para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimetre.

Solicitude de matrícula

- Solicitude de matrícula.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

- Dúas fotografías tamaño carné.

- Pagamento do seguro escolar en ABANCA.

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa