Iniciar sesión: Acceso

LISTAXE DEFINITIVA LIBROS DE TEXTO 2024-2025

PUBLÍCASE A LISTAXE DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024 - 2025

Xornada de portas abertas EOI

A Escola Oficial de Idiomas de Vigo na Sección de Ponteareas mantén aberta a matrícula para o curso 2024-2025 ata o 20 de setembro ás 14h00. As clases do novo curso académico comezan a partir do día 11 de setembro e nesta primeira semana (ata o día 17) atópase de Portas Abertas para toda aquela persoa que dexese informarse ou experimentar unha clase.

A escola proporciona clases presenciais dúas veces á semana de dúas horas cada clase para quen queira obter unha certificación oficial ou simplemente mellorar as súas habilidades lingüísticas tanto en inglés como en francés. Ofrece a posibilidade de estudar o nivel básico integrado (A1-A2) e o nivel intermedio B1 de francés e o nivel básico, intermedio e avanzado de inglés (A1-C1.2).

Para máis información visite a páxina web eoidevigo.org ou anímese a participar nas xornadas de Portas Abertas.

Para contactar coa Sección de Ponteareas escriba un email a eoi.vigo.ponteareas@edu.xunta.gal ou chame o teléfono 886 11 05 13

 

DATAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN INICIAL

As datas de realización das probas de avaliación inicial para a Educación de Persoas Adultas serán os días 12, 13 e 16 de setembro de 2024 no seguinte horario:

Terán lugar na aula 1º ESO B.

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO ESA

INICIO DO PRIMERO CUADRIMESTRE NO IES VAL DO TEA
PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS
CURSO 2024/25

O inicio do primeiro cuadrimestre para o alumnado de Educación Secundaria para Persoas Adultas, no curso 2024/25, terá lugar o xoves 12 de setembro de 2024, xoves, ás 18.15 h, cunha sesión de presentación/acollida, no Salón de Actos do IES Val do Tea, para todo o alumnado e o profesorado.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O PRIMEIRO CUADRIMESTRE ESA

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O PRIMEIRO CUADRIMESTRE PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA AS PERSOAS ADULTAS MODALIDADE PRESENCIAL CURSO 2024/25

Prazo de matrícula: do 2 ao 10 de setembro de 2024

Lugar: na oficina do centro IES Val do Tea

Horario: de 9.00 a 14.00 h

Documentación precisa para matricularse:

  - Solicitude de matrícula (a recoller na oficina)

  - DNI

  - Tarxeta sanitaria

  - 2 fotografías, tamaño carnet

  - No caso de ser menor de 28 anos, o xustificante do pago do seguro escolar

HORARIO DE VERÁN

Os días 25, 26 de xullo e 15 de agosto o centro permanecerá pechado.

 FELIZ VERÁN! 

MATRÍCULA NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS. PRAZOS

Premer na imaxe para acceder á información.

MATRÍCULA NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS. PRAZOS
Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa