Última sesión do club de lectura de familias
Encontro clubs de lectura
Para despedir o curso 22/23, o noso Club de lectura da ESO xunto co Club de lectura do CEIP Fermín Bouza Brey mantiveron un pequeno encontro a carón do río, no que compartiron lecturas e unha pequena sesión de convivio. Agardamos que fose unha xornada interesante e que volvan o vindeiro curso con ganas de seguir vivindo aventuras a través das lecturas!
Coñeces os Ciclos Formativos de Grao Básico?
Neste enlace podedes consultar información sobre os Ciclos Formativos de Grao Básico.
Obradoiro de crêpes
O martes 6 de xuño, o alumnado de Francés de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º de BACH. participou nun obradoiro de “crêpes”.
Jérémy Thomas trouxo ao centro o seu food truck “La Marinière” e realizou co alumnado unha actividade lúdica e didáctica á vez. O alumnado descubriu información sobre a rexión francesa de Bretaña, practicou diálogos en francés e axudou a facer “crêpes” que logo degustou con diferentes recheos.
De la part des élèves et des enseignants participants, nous disons merci à Jérémy pour cette expérience enrichissante et pour ses crêpes qui sont une véritable délice.
MERCI JÉRÉMY
Información sobre as mencións en Educación Infantil e Educación Primaria
Queres estudar Educación Infantil ou Educación Primaria e non tes moi claro que se oferta en cada campus galego? Neste enlace tes máis información sobre as diferentes mencións que podes cursar en cada un deles.
Graduación 4º ESO 2023
Enviado por admin o Sáb, 17/06/2023 - 22:33Compartimos convosco algunhas imaxes da celebración o pasado venres 16 de xuño do Acto de Graduación de 4º ESO.
Ao remate deste curso, estes rapaces e rapazas iniciarán unha nova etapa, algúns deixarán o noso centro, outros comezarán o Bacharelato, pero para todos eles e elas desexamos que sexa unha etapa tan fermosa como esta que rematan e que o futuro lles traia grandes experiencias.
Moita sorte a todas e todos!
OFERTA DE PRAZAS PARA O CURSO 2023‐24
Achegamos a relación de prazas e titulacións do Sistema Universitario de Galicia para o curso 2023-24 xunto coa información sobre preinscrición e matrícula.
PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA: CICLOS GRAO SUPERIOR
Achégase documentación relacionada coa admisión e matrícula en ciclos de formación profesional de grao superior.
Prazo de presentación de solicitudes: dende o 23 xuño ás 9:00 horas ao 5 xullo ás 13:00 horas.
Vídeo de axuda para crear unha solicitude de Admisión a Ciclos formativos.
PRAZOS DE ADMISIÓN E MATRÍCULA: CICLOS GRAO MEDIO
Achégase documentación relacionada coa admisión e matrícula en ciclos de formación profesional de grao medio.
Prazo de presentación de solicitudes: do 23 de xuño ás 9.00 ao 5 de xullo ás 13.00 horas.
Vídeo de axuda para crear unha solicitude de Admisión a Ciclos formativos.
Pontevedra de praza en praza
Na saída a Pontevedra que realizamos no mes de abril, o alumnado de Bacharelato coñeceu máis de preto a cidade, percorréndoa, aprendendo sobre ela e deixando rexistrados os seus pasos nun pequeno álbum fotográfico como o que compartiron connosco neste vídeo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »