Iniciar sesión: Acceso

HORARIO DE APERTURA DO CENTRO DURANTE AS VACACIÓNS DE NADAL

O centro permanecerá aberto en horario de 10:00h - 13:00h os seguintes días:

MÉRCORES 27 E XOVES 28 DE DECEMBRO

MÉRCORES 3 E XOVES 4 DE XANEIRO

LISTAXE DEFINITIVA DE INSCRITOS Á PROBA EXTRAORDINARIA DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DO CICLO FINAL NA MODALIDADE DE HÍPICA.

PUBLÍCASE EN DOCUMENTO ADXUNTO A LISTAXE DEFINITIVA DE INSCRITOS Á PROBA EXTRAORDINARIA DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DO CICLO FINAL NA MODALIDADE DE HÍPICA.

 

LISTA PROVISIONAL DE INSCRITOS Á PROBA EXTRAORDINARIA DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DO CICLO FINAL NA MODALIDADE DE HÍPICA

PUBLÍCASE EN DOCUMENTO ADXUNTO A LISTA PROVISIONAL DE INSCRITOS Á PROBA EXTRAORDINARIA DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DO CICLO FINAL NA MODALIDADE DE HÍPICA

 

Exchange Port Talbot - Ponteareas. Just a brief summary!

Compartimos convosco, a xeito de vídeo, un breve resumo das experiencias vividas ao longo da semana que o noso alumnado de PDC compartiu co alumnado chegado de Gales. Unha experiencia moi enriquecedora que continuará proximamente, coa visita dos nosos alumnos e alumnas a Port Talbot! 

Coñecemos a figura do cineasta José Gil, pioneiro no panorama audiovisual galego

Esta mañá o alumnado de 1º ESO e 3º PDC tivo a oportunidade de achegarse ao cinemóbil do cineasta José Gil, pioneiro no panorama audiovisual galego, da man de Vía Láctea Filmes. Toda unha experiencia!

Magosto 2023

Velaquí o tan agardado álbum de fotos do Magosto deste ano! 

 

Álbum: Curso 2023-24 -> Magosto 2023

Noela e Laura dan voz ao Val do Tea no Pleno da Infancia

Na mañá de hoxe tivo lugar no Concello o Pleno da Infancia. Unha vez máis, o noso centro foi moi ben representado por Noela e Laura. O tema a tratar eran os dereitos da infancia, e as nosas alumnas reclamaron unha maior atención desde o Concello para os rapaces e rapazas de Ponteareas que poidan ver os seus dereitos fundamentais vulnerados:

Velaquí un fragmento da súa exposición: 

"Pensamos que o Concello podería axudar a mellorar a situación destes nenos e nenas. Como?

- Asegurándose de que teñan cubertas as súas necesidades básicas (alimentación, medicamentos, roupa, material escolar,…)

- Controlando que non se lles prive do dereito á educación.

- Facendo un maior seguimento das familias e da súa situación, para asegurarse de que estes nenos e nenas vivan nun ambiente protexido."

Parabéns, Laura e Noela, polo voso esforzo! Foron horas preparando a intervención e o "mural dos dereitos".

Se tedes curiosidade, neste enlace podedes ver o pleno.

O Val do Tea, espazo de artistas

É ben sabido que Ponteareas é terra de músicos e músicas, polo que o Val do Tea non podía ser menos! Celebramos o Día da Música cun concerto organizado polo Equipo de Biblioteca, onde parte do noso alumnado amosou o seu talento.

Parabéns, rapaces e rapazas polo voso traballo!

Viaxamos con Exeria

O luns da pasada semana, 13 de novembro, chegou Exeria para explicarnos detalles da súa viaxe e para convidarnos a seguir camiñando con ela polo seu libro, camiño das palabras...

O alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de charlar con Marisa Vidal Collazo, autora de Eu son Exeria, lectura feminista dunha viaxe no século IV, sobre a vida desta interesante muller pioneira do seu tempo.

Grazas, Marisa, pola túa visita.

 

Distribuir contido

Eventos

« Novembro 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Contratos-Programa